8 de ago. de 2014

UNHA FUTURA ESTRELA NACIDA EN ADROGUÉ (GRAN BOS AIRES) QUE LEVA CAMBADOS NO SEU CORAZÓN

“PIBE” VAI XOGAR NA MESMA SELECCIÓN  QUE XOGARON MARADONA, MESSI OU HIGUAIN...
Os entendidos du futbol  teñen varias teorías sobre o nacemento dunha,  estrela futbolistica, pero sobre todas
priman dúas hai os partidarios de que a estrela nace,  e logo hai os partidarios de que a estrela faise. Nos imonos quedar coa mistura  das dúas, é dicir, a estrela nace e logo púlese. 
Nada mais chegar a Cambados a familia de  “Pibe” Agustin Pastoriza, os que virón a este repaz detrás dun balón que case que era mais grande que el,  dixeron ai habia materia prima  e non se equivocaban .
Pibe, nacido na localidade arxentina de Adrogué (Adrogué é a cidade cabeceira do partido de Almirante Brown, unha localidade do Gran Bos Aires situada a 23 km ao sur de Bos Aires, Arxentina.), emigrou fai doce anos coa súa familia a Cambados.
A pasada tempada converteuse no oitavo canteirán do Betís en debutar co primeiro equipo,
concretamente na última xornada de Liga en Primeira División, ante o Osasuna, no Estadio O Sadar.
O centrocampista atacante do Real Betis Xuvenil A,  Agustín Pastoriza
“Pibe” como xa é publico é notorio foi convocado pola Selección Arxentina Sub-20 para participar no Torneo Internacional COTIF 2014, que se disputará do 10 ao 20 de agosto en Valencia, entón Pibe
fará historia pois un xogador practicamente feito en Cambados e equipos da zona,  pode debutar na mesma selección que o fixeron Maradona, Messi ou Higuain..., por exemplo.  
Eva Soto e Pibe
Na derradeira gala do Albariño tanto Pibe como Eva Soto foron galardonados coa folla de prata , totalmente merecida, de vez en cando no concello de Cambados algunha vez acertan a dar este premio como é o
caso, destas dúas rutilantes figuras do fútbol e da moda.
Todos os cambadeses desexamoslle o mellor sorte do mundo a este gran futbolista e grande tamén como persoa.
XOGADORES CONVOCADOS POLA SUB 20 ARXENTINA
Augusto Batalla, Tomás Martínez, Leandro Vega, Pablo Carreras, Matías Sánchez (River Plate); Tiago Casasola, Francisco Di Franco (Boca Juniors); Lucio Compagnucci, Nicolás Tripichio, Germán Ferreyra, Roberto Sánchez (Vélez Sarsfield);
Rodrigo Moreira, Fabricio Bustos (Independiente); Joaquín Ibáñez (Lanús); Ignacio Jáuregui (Gimnasia y Esgrima La Plata); Rodrigo Contreras (San Lorenzo); Gastón Gómez (Racing Club); Ezequiel Unsain (Newell´s Old Boys); Lucas Cano, Luciano Cabral (Argentinos Juniors); Maximiliano Rolón (Barcelona F.C.) e Agustín Pastoriza (Real Betis Balompie).






Ningún comentario: