8 de ago. de 2014

XA SE PODEN VER AS SINAIS DE PROHIBIDO APARCAR EN TODA A PRAZA DE FEFIÑANS

A POLICÍA LOCAL ADVERTIU MEDIANTE NOTAS DE PRENSA QUE VAI FACER EFECTIVA A MEDIDA A PARTIR DA VINDEIRA SEMANA.
Hoxe sa fomos testemuñas como a Policía Local xa colocou a as sinais (provisionais) de prohibido aparcar en toda a
praza.  A Policía Local de Cambados, está a advertir por medio da prensa que a partir da vindeira semana serán mais “estritos” no cumprimento da legalidade e procederán a multar a todo aquel vehículo que aparque en toda a praza
tal como pon nas referidas sinais. De todos xeitos haberá que corrixir certas sinais verticais que permiten o aparcamento na praza pois  pode dar lugar a confusión aos condutores. A sanción por incumprir está normativa será de 200 euros (100 por pronto pago) o que haberá que
engadir no caso de que o guindastre fora o que retirara o vehículo a “módica” cantidade de 50 €.
RETIRADA DAS SINAIS DE PERMITIDO APARCAR DAS RÚAS BORRÓN E LUGO.
Dende ligo un xa non sabe que aterse e segundo informa a propia policía local tamén se vai proceder a retirada das
sinales que permiten aparcar nas rúas Borrón e Lugo, onde foron colocadas polo Concello unhas sinais verticais . 
O debate está na rúa, moita xente vótalle a culpa desta polémica a Policía Local e moi pouca ao Alcalde Cambados, que ao remate é o xefe supremo da Policía Local de Cambados, nos inclinámonos mais  cos que din que a culpa de todo tena Luís Aragunde o cal non sabe resolver os problemas cando lle veñen de cara e el tiña que poñer inmediata solución a estas controversias.

Ningún comentario: