13 de ago. de 2014

"PODEMOS CAMBADOS" DENUNCIA QUE VARIOS POLICÍAS LOCAIS CARECEN DO TÍTULO DE FUNCIONARIO

SEGUNDO "PODEMOS CAMBADOS" PODERIAN SER NULAS AS SANCIÓNS QUE IMPOÑAN ESTES AXENTES
O círculo Podemos de Cambados presentou unha denuncia no Xulgado da localidade para esixir medidas ante a
existencia de varios axentes da Policía Local que, aseguran, exercen sen o correspondente título de funcionario de carreira, "tal como esixe a Lei de 4/2007 de Coordinación de Policía Local de Galicia". Podemos indica que esta información chegou á súa poder a través de fontes da representación sindical no Concello cambadés.
"Estes axentes, que para todos os efectos non son policías, non poden ser considerados autoridade pública por quedar fora do ámbito legal, co que non gozarían de presunción de veracidad nin terían facultade de portar armas", sosteñen desde Podemos Cambados. Un problema derivado desta situación, sempre segundo este grupo, é que "podería quedar anulados os actos que inicien os axentes, tanto nos procedementos como en sancións, multas e procesos penais. Quen é o responsable?", pregúntanse. Está claro, contestamos nos, quen  os contratou, ou sexa o Alcalde Luis Aragunde.
NOVA RECOLLIDA DE FARO DE VIGO.

Ningún comentario: