13 de ago. de 2014

FOTOS DE CAMBADOS.

UN ARTIGO DE XAN GALBÁN
Unha das moitas ledicias que me causou este invento que é o facebook, que coma todos os
inventos pódense utilizar para ben ou para mal que coma as cantigas medievais hainas de amor, de amigo de escarnio e
mal dizer, foi a irrupción da recente páxina chamada Fotos de Cambados, un espazo para a divulgación e esposición pública de xoias fotográficas que de seguro gardábanse nos álbunes familiares para disfrute dos familiares
mais cercanos ou das visitas dos amigos con longas conversas dos tempos idos ou do canto temos cambiado para pasar a dominio de todos nós co que conleva de xenerosidade no compartillamento das instantáneas dos colaboradores, grazas.
Nelas están fotografada a historia dunha vila , os seus monumentos históricos, os esquencidos, os que sobreviviron á década dos setenta do século pasado, nefasta para todo o Estado co valdeiro de poder que houbo que llo conten ao pobo Saharaui-as
xentes cos oficios maiormente do mar coma non pode ser doutra maneira, as costumes, as festas, os paseos dos Domingos, os familiares queridos dos que xa desgraciadamente non podemos disfrutar, as equipas dos diferentes clubes deportivos, a homnipresente Igrexa coma catalizador ideolóxico non só do
ceo senon da terra, todo un mundo colectivo no que debemos caber todos coa diversidade mais tamén co peculiar de cadaquén. Defineunos ben Cabanillas na adicatoria grabada a cincel no monolito da Calzada feito polo Mestre Asorey "...durmes deitado ao sol,á beira do mar".
Mais quero facer un exercicio de imaxinación e soñar coas instantáneas que non chegaron a ver a luz pública, as personaxes históricas coma Castelao no hostal Calisto, o deseño que fixo en lucernarias para a festa da Pastora coa portada do poemario do poeta de "Vento Mareiro", as cociñeiras de Casa Rosita, o Dorna bar dos ingleses,a Placido Castro pintando as magníficas acuarelas cambadesas, a praia de Fefiñáns co areal limpo de coralinas cunchas coa miña bisavoa correndo detrás do porco que se lle ceivou ata o muelle de Cambados, o único muelle en anos, tantas fotos coma o maxín nos dea. Din que nacer nun sitio non ten mais mérito que ter nacido por casualidade pero querer ser dun lugar é outra cousa, e os de Cambados pásanos como aos de Bilbao,nacemos onde nos peta. 
A TODOS OS QUE QUIXERON SER.
UN ARTIGO DE XAN GALBÁN.
(A Administración deste blog respeta o galego usado polo articulista).

Ningún comentario: