POR RICARDO DOMINGUEZ REY
Os que seguides a actualidade cambadesa a través deste blog sabedes que, dende fai un tempo , e particularmente
eu, somos críticos co blog “Vivir en Cambados”, basicamente, porque o mesmo, periodicamente, para intentar acadar un pouco de relevancia dedicase a desprestixiar tanto a este blog como a “Cores de Cambados” ou a “Alzalavozcambados”; a última vez, este mesmo martes, cando nunha nova titulada “Alarma social por un intento de secuestro ficticio en Cambados” intenta, en vano, desmentir a nova que se deu neste mesmo blog fai unha semana sobre o posible intento de secuestro dunha adolescente na parroquia de Vilariño.

Como sempre “Vivir en Cambados” e o seu administrador actúan de forma covarde, tirando a pedra i agochando a man; non cita o blog ao que acusa de dar a
noticia e, nunha actitude subxectiva e sesgada, tapa o feito de que, a dita nova tamén doulle repercusión unha emisora de radio; en concreto, a mais escoitada na ría de Arousa si facemos caso aos datos de audiencia do EGM (Estudio Xeral de Medios).

Aínda que o artigo ao que fai referencia o “blog do réxime” non o asino eu, doulle total veracidade porque sei de que fontes bebeu o seu autor e meu amigo Xaquín “Chon” e, dende logo, son de toda credibilidade: é totalmente certo que hai unha chamada a Garda Civil por
parte do testemuña e denunciante i, o que é mais importante, unha posterior investigación por parte da Benemérita; o testemuña presenciou uns feitos que lle pareceron que podía ser un intento de secuestro e púxoo en coñecemento das forzas do orden; polo que se deixa entrever no artigo de “Vivir en Cambados” iso para o seu administrador no é, en si, un intento de secuestro, cando (e podería poñer mais dun caso que no seu dia tivo repercusión na prensa) a policía ten desbaratado cantidade de secuestros cando os mesmos aínda non se habían producido e aínda estaban en fase de preparación (seguimento , estudio dos hábitos cotiáns da vítima etc.)

Tamén quero pararme nun extracto da nova, en concreto na que di (e cito textualmente):
“Esta historia nos sirve para poner mucho más en entredicho lo que aparece en ciertas bitácoras que se
autodenominan crítico-satíricas y que de forma irresponsable publican historias basadas en rumores que no son contrastadas, pero que les sirven para crear un clima social de inseguridad en Cambados, creando y adornando este tipo de historias para incrementar su flujo de visitantes y que, curiosamente, son los mismos que intentan desprestigiar a los medios tradicionales y a las personas que trabajan en ellos”.

Vaiamos por partes: como vimos de relatar anteriormente, de “rumores” nada de nada, e claro que foron contrastados (moi contrastados engadiría eu ) y en canto ao de “para incrementar su flujo de visitantes y que, curiosamente, son los mismos que intentan desprestigiar a los medios tradicionales y a las personas que trabajan en
ellos” isto xa é ( e perdón pola expresión) “a repanocha”.... si algo caracteriza a “A Ti Meu Cambados” é, sobre todo, o seu aspecto crítico e, sen lugar a dúbidas, é o que mais buscan os seus lectores (aspecto crítico que brilla pola súa ausencia nos “medios tradicionais”) e que fai que ano a ano aumente progresivamente o seu numero de visitas aínda que non renuncia, tampouco, ao súa faceta como blog de información; este blog non require para nada ser sensacionalista para ter miles de visitas, a diferenza de “Vivir en Cambados” que, como diciamos ao comezo, regularmente recorre as mentiras e falsidades contra o resto dos blogs para intentar ter algo de repercusión; persoalmente eu invítolle a que siga nesa liña, de seguro que dende o concello terán en conta eses “servizos prestados” i ese “servilismo” e, con sorte, premiarano. En canto ao de que desprestixiamos aos medios tradicionais e as persoas que traballan neles, é unha parvada mais que engadir a todas as que se din na nova: nos criticamos (eu o primeiro), a liña editorial de ditos medios e as subvencións que reciben, o que, obviamente, faille perder obxectividade (supoño que aplicarán a premisa de que “nunca mordas a man que che da de comer”) e mais nos tempos que corren de crise económica onde se están producindo situacións de recortes de soldos, ERES entre os traballadores de ditos medios, e, aos cales, en mais dunha ocasión, dende aquí, amosámoslle a nosa solidarizade.

En canto ao que di o administrador de “Vivir en Cambados” de que creamos alarma social e un clima social de inseguridade en Cambados é outro absurdo; o que de verdade crea inseguridade social na sociedade é a política de recortes que está levando a cabo o Partido Popular
dende que chegou ao poder; recortes que tamén chegaron ao Ministerio do Interior e que levaron, como denunciou fai un tempo o SUP ( Sindicato Unificado da Policía) a que nestes momentos exista un déficit en todo o Estado Español en torno a uns 7000 policías, debido maiormente a que cada ano pasan a reserva e a xubilación uns 2500 axentes, prazas que apenas se están cubrindo cos novos ingresos (a oferta de emprego público para 2014 na policía está en torno as 140 prazas): por iso, entre outros motivos, na reforma da Lei de Seguridade Cidadán que está levando a cabo o goberno central, queren darlle mais atribucións as empresas de Seguridade Privada, para intentar cubrir a falta de axentes dos corpos e forzas de seguridade do Estado que as súas políticas de recortes levan a cabo.

Finalmente gustaríame animar a todos a que cando teñades a mínima sospeita dun acto delictivo non dubidedes, nunca, en chamar a Policía , ou no seu caso á Garda Civil ou a Policía local de cada concello; é
aconsellable ter sempre a man os teléfonos destes corpos e ante a mínima actitude sospeitosa (como a que presenciou o veciño, protagonista da noticia) facer uso dos mesmos; moita xente, hoxe en dia, aínda é reticente a chamar a policía pero, as veces ( e sei moi ben do que falo), é mellor que chamemos a policía e que fagan as investigacións pertinentes a ter que lamentarnos posteriormente. Como anécdota persoal podo contarvos a miña última experiencia: fai uns tres meses, aproximadamente, observei, un par de días seguidos, un vehículo aparcado, con dous individuos no seu interior, na miña urbanización, polo que chamei a policía local do meu concello, aportando as características e a placa da matrícula de dito vehículo; os axentes presentáronse de inmediato e identificaron aos ocupantes, aparentemente eran comerciais que estaban de promoción pola zona pero como xa dixen anteriormente “mais vale prever que lamentar”.

RICARDO DOMINGUEZ REY
NOTA: En todo o artigo non é mencionado o nome do administrador de “Vivir en Cambados” porque así mo pediu expresamente; agora son eu o que lle rogo que de agora en diante, si volve a nomear o noso blog teña a valentía de dar o nome, como si facemos nos; aínda que sexa, unicamente, en atención aos seus lectores.
NOTA DO ADMINISTRADOR.- Onte mesmo recibin unha chamada telefonica da persoa que me deu a nova solidarizándose conmigo e reiterándome que o que contara , así foi como ocorrera, baixo o seu criterio. Grazas.
Xaquin Charlin "Chon".
Ningún comentario:
Publicar un comentario