O BNG PEDIU UNHA COMISION DE INVESTIGACIÓN QUE A DIA DE HOXE AINDA NON FOI CONSTITUÍDA.
O portavoz do BNG de Cambados, Victor Caamaño , pediu fai uns días unha comisión de investigación ao Alcalde de Cambados, nun escrito que entre outras cousas dicia que nun xornal aparecía a noticia de que dentro da operación xudicial coñecida como “Pokemon”, a Vixilancia Aduaneira interveu os ordenadores da empresa “Aquagest” onde
encontrou información, en forma de correos electrónicos, sobre prácticas de enchufismo e recomendación que vinculan á mencionada empresa co concello de Cambados, entre outros nos que a empresa ten a concesión da auga. E que ditos correos revelan peticións de alcaldes, entre eles o de Cambados entre os anos 2008 e 2013, para colocar na empresa a persoas coñecidas, do seu entorno ou da súa familia (segundo afirma o referido xornal). Como queira que o “enchufismo” é unha práctica inaceptable na Administración Pública pero tamén cando esa Administración privatiza un servizo esixindo como contrapartida a colocación de determinado persoal na empresa, é polo que cremos que o concello de Cambados debe facer todo o posible por aclarar canto antes esta acusación levando á máxima transparencia á súa recente xestión. Esta é a razón pola que o BNG, ao igual que fixo no mes de marzo do ano 2013 cando desde un medio de comunicación se vinculaba nunha investigación xudicial ao concello de Cambados, máis concretamente ao exalcalde e Delegado Territorial, José Manuel Cores Tourís, por supostos cobros ilegais de comisións a cambio de concesión de obras no noso concello, solicita igualmente nesta ocasión a creación dunha Comisión de Investigación a nivel municipal para aclarar estes novos feitos delictivos. Vivimos nuns momentos onde a cidadanía está a mostrar unha gran desconfianza da xestión pública de determinados cargos; desconfianza que se xustifica en casos como os referidos neste escrito, polo que compre unha maior transparencia para evitar e aclarar os casos de corrupción, e contundencia para cos representantes políticos que están enganando a unha defraudada cidadanía. Por iso, os veciños e veciñas de Cambados, agradeceríanlle que desde o Concello se mostrara unha posición clara e contundente contra este tipo de actuacións e que se manifestara a vontade política necesaria para trata de aclarar, urxentemente, este asunto.

Como representante da cidadanía ten vostede na súa man, novamente, a obriga de non defraudala, polo que debe
actuar veloz e eficazmente na aclaración e resolución deste caso que está, ademais, a transmitir unha imaxe negativa dun importante representante do seu partido político, polo que remataba pedindo que o concello que vostede preside constitúa, urxentemente, unha Comisión de Investigación na que estean presentes membros de todos os grupos políticos que forman parte da corporación municipal, de xeito que con ela se transmita a mensaxe contundente á cidadanía de que desde a alcaldía do Concello de Cambados se fará todo o posible por aclarar e solucionar, con rapidez, este caso.

O Alcalde Luis Aragunde, fixo a caso omiso a tal solicitude.

Ningún comentario:
Publicar un comentario