8 de out. de 2014

O PSOE DE CAMBADOS INSISTE EN QUE O PROBLEMA DOS VECIÑOS DA AVDA DA PASTORA SEGUE SEN SOLUCIONAR

O MALESTAR DOS VECIÑOS  AUMENTA CADA DIA QUE PASA PESE AO  CAMIÑO ALTERNATIVO
O PSOE de Cambados ven de poñer novamente  de actualidade o problema da Avda da Pastora, presentou un escrito no concello  no que entre outras cousas di que:
1.- Desde o día dous de Decembro de 2014 a Av/ Pastora en Cambados é de dirección única.
2.-Por este feito existen varios veciños afectados por esta nova normativa,
sobre todo os posuidores de vehículos agrarios e os propios residentes, posto que teñen que dar unha gran volta para acudir ás súas fincas e ás súas casas.
3.-Os veciños solicitan,a pesares de ser dirección única, a salvedade de que os residentes e
propietarios das fincas poidan seguir accedendo por esa mesma avenida como sempre o fixeron.
Remata solicitando Fatima Abal que: 
1.-Que se lles conceda permiso ou
autorización ós veciños propietarios das fincas para voltar ás súas casas sen ter que ir coa maquinaria agraria pola estrada xeral.
2.-Que se lles conceda igual permiso ou autorización ós veciños residentes.
3.-Que este escrito sexa contestado como a normativa vixente o establece, e que os propios veciños sexan tamén contestados ós seus escritos como o Valedor do Pobo neste caso concreto, recomendou tamén a este Concello. 


Ningún comentario: