SEGUNDO O PSOE AS INSTALACIONS DEPORTIVAS DE CAMBADOS SON LAMENTABLES.
Son moitos os nenos de Cambados que acoden á Escola de Fútbol do Campo de O Pombal, e son tamén moitos os partidos que se xogan nestas instalacións ás que acoden tamén nenos de fora a enfrentarse cos xogadores do Cambados en diferentes categorías.
Estas instalacións desde hai tempo mostran moitas
deficiencias que poñen en perigo a seguridade e hixiene para os nenos.
deficiencias que poñen en perigo a seguridade e hixiene para os nenos.
O Concello debe manter as instalacións nun estado aceptable para o desenrolo da actividade e non se está facendo.
Por iso, o grupo municipal do PSOE solicita o seguinte:
- Reparación da cuberta da grada do campo dianteiro posto que hai unha canaleta rota e cae a auga a chorro sobre a grada e sobre o propio campo de entreno
- Retirar os fosos dos xogadores do campo de diante xa que dificultan o paso de persoas
- Acondicionamento dos vestuarios posto que algún se atopa incluso sen porta
- Acondicionamento e limpeza integral dos baños no seu conxunto, incluido o do árbitro que se atopan nun estado lamentable. Cos lavabos completamente cheos de óxido e suciedade
- Limpeza nas instalacións no seu conxunto pois hai
suciedade e basura por todo o recinto ( dentro dos vestuarios, ó lado das gradas, baños, contenedores se vaciar desde hai días, etc)
suciedade e basura por todo o recinto ( dentro dos vestuarios, ó lado das gradas, baños, contenedores se vaciar desde hai días, etc)
- Os vestiarios polo menos o dos árbitros e os adestradores precisan algo de mobiliario, por exemplo unha taquilla, mesa ou cadeiras...
- A pista de atletismo, rota por varios sitios, precisa dun valado polo seu perímetro. Tal como está agora non se poden xogar partidos oficiais de ningún tipo porque o árbitro precisa dunha zona de seguridade co público. Este feito se o árbitro o reflexa na acta do partido acarrea unha multa ó clube de forma semanal.
- Colocación de redes detrás das porterías. Os balóns vanse moi lonxe cando non collen dirección á portería. Acarrea unha gran pérdida de tempo nos partidos e un problema nos adestramentos.
- Os campos tanto o número 1 coma o número 2, aínda que son de herba artificial, necesitan mantemento: hai que regar de vez en cando e tamén limpar as malas herbas que saen.
- Non campo 1 non hai marcador e no campo 2 hai un, pero leva avariado desde o primeiro día.
- Suxeitar con algún medio os fosos dos xogadores do
campo traseiro pois son tirados do revés na pista, polo vento de xeito frecuente
campo traseiro pois son tirados do revés na pista, polo vento de xeito frecuente
- Cubrir os laterais da grada do campo de atrás, pois doutro xeito é totalmente inservible, xa que chove dentro e está sempre mollada polo que non pode ser utilizada axeitadamente
- Revisión das chemineas que están enriba dos vestuarios posto que se quentan con frecuencia e chegan a botar fume sen motivo aparente.
- Revisión da zona dos depósitos que está nun estado lamentable.
Pensan no PSOE que con todas estas deficiencias os nenos non teñen a seguridade e medidas hixiénicas que deberían ter para poder desenrolar a actividade polo que se prega ó Concello de Cambados solucione estes temas de forma urxente.
Ademáis o clube solicita como medida primordial para a súa subsistencia unha cafetería dentro do recinto, xunto ó campo, para ser utilizada polos afecionados e xogadores, sen ter que saír do recinto como se fai actualmente, xa que este feito fai que a xente entre e saia do campo sen pasar sequera por diante do bar.
Dado as dificultades económicas que atravesa o clube, vese aquí unha posible fonte de ingresos tanto nos días de entreno coma nos días de partido.






Ningún comentario:
Publicar un comentario