RUEDA É SECRETARIO EN EXCEDENCIA DO CONCELLO DE CAMBADOS.
Os abaixo asinantes, delegados e delegadas sindicais de CCOO, UGT e CiG, en representación dos máis de 2700 traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza,
queren amosar a máis absoluta discrepancia coa xestión que está a facer o seu departamento con este servizo público nos últimos anos:
queren amosar a máis absoluta discrepancia coa xestión que está a facer o seu departamento con este servizo público nos últimos anos:
- Infradotación de medios materiais e persoais: pese á pompa e boato coa que anuncia modernizacións e axilización nos procedementos, os que vivimos o día a día dos xulgados sabemos que a Xustiza está ao borde do colapso e o principal prexudicado é o cidadán, que non atopa satisfeito o seu dereito constitucional á tutela xudicial efectiva. Atrévense a falar da Nova oficina xudicial, cando orzamentariamente a dotan de tan só 42.000 € para toda Galicia, unha demostración palpable da súa hipocrisía
- As infraestruturas, tamén publicitadas en visitas constantes a obras inacabadas, son insuficientes e mal conservadas. Exemplo palmario é a Fábrica de Tabacos, proxectada a súa posta en funcionamento para 2015 cando aínda non empezaron as obras. Os Xulgados teñen problemas de espazo debido a súa neglixencia na implantación do expediente electrónico, que provoca unha acumulación de papel nos sotos dos edificios xudiciais, sen control sobre a protección de datos, conservación ou o deber de custodia
- As condicións laborais dos funcionarios e funcionarias son
nefastas, ata o punto de que retrocedemos varias décadas durante o seu mandado. Non só no aspecto retributivo, con supresión dunha paga extra en 2012, retirada do 4% da masa salarial en 2013 e 2014, conxelacións salariais,... senón tamén con aspectos que non supoñen aforro económico e si máis un ataque aos empregados públicos, na liña política de deterioro intencionado e desprestixio que favoreza futuras privatizacións: descontos nas nóminas por enfermar, incrementos na xornada laboral, perda de días de vacacións e de asuntos particulares, control case policial dos nosos movementos, etc. É dicir, colocar ao funcionario baixo a sospeita da lei de vagos e maleantes co fin de xustificar ante a sociedade os recortes

- Os deseños prístinos da nova oficina fiscal e a oficina xudicial non nolos cremos: non hai dotación económica nin incremento de medios persoais e materiais, polo que consideramos que non é máis que un cambio nominativo que non vai arranxar ningún dos problemas estruturais da xustiza, e moito menos cando a súa implantación se fai unilateralmente e sen consultar cos traballadores a través das organizacións sindicais, aplicando o rodillo e desprezando a boa fe negocial nas mesas sectoriais de xustiza
Por todo isto, os abaixo asinantes, en representación de
todo un colectivo, entregámoslle esta carta, como reprobación pola súa xestión, solicitándolle que polo ben da Administración de Xustiza presente a súa dimisión e que inste ao Presidente da Xunta a tomar as medidas oportunas para crear unha Consellería de Xustiza, con alguén á fronte que, ao menos, coñeza que representa a Xustiza como servizo público, a súa importancia para a cidadanía e para resolver os problemas acuciantes que esta crise xestionada a través de recorte tras recorte lles xerou.

Un saúdo

.jpg)

Ningún comentario:
Publicar un comentario