25 ANOS TRABALLANDO POLA MÚSICA TRADICIONAL EN GALICIA.
Dende a Asociación de Gaiteiros Galegos teñen o pracer de convidarte o vindeiro domingo 7 de Decembro
do 2014 á FESTA DE CELEBRACIÓN DO seu 25 ANIVERSARIO, onde faran un pequeno percorrido por estes
25 anos de traballo en prol da defensa e posta e valor da música tradicional.
do 2014 á FESTA DE CELEBRACIÓN DO seu 25 ANIVERSARIO, onde faran un pequeno percorrido por estes
25 anos de traballo en prol da defensa e posta e valor da música tradicional.
É para eles un orgullo terse convertido a lo longo de todos estes anos nunha gran familia, e queren contar con todos vós para celebralo por todo o alto,
contando para elo, e como non podía ser doutra maneira, coa actuación de grandes da música tradicional.
contando para elo, e como non podía ser doutra maneira, coa actuación de grandes da música tradicional.
Gustaríalles ademáis que participárades activamente no acto, polo que teñen previsto facer para a inauguración do mesmo unha gran tocata dun par de pezas. As pezas escollidas para esta animación son
“Muiñeira de Armenteira” e o “Himno Galego” con gaitas en Do e outros instrumentos para acompañar
PROGRAMA
- Raul Galego
- Nela de Bres, Desiderio da Pontenova, Modesto da Fonsagrada, Constante da Fonsagrada, Otilio da Fonsagrada e Antonio de Lourenzá.
- Mestres da Tradescola
- Treixadura
- Os Carunchos
- Homenaxe ao Presidente da AGG, Santiago Caneiro
- Agrupación Abertal
E para rematar haberá un pequeno convite no que cuns pinchiños e en grande compaña de todos os presentes rematará un día grande no que se homenaxea a nosa paixón pola música tradicional galega.
Para asistir ao convite, deberás poñerte en contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos antes do xoves 4 de decembro e reservar a túa praza.
Información e Reservas: secretaria@gaiteirosgalegos.com || Tlf: 986.847.074 - 982.229.966
Entrada de balde.
Unha delegación cambadesa preparase para asistir ao acto.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.




.jpg)


Ningún comentario:
Publicar un comentario