30 de nov. de 2014

A EMPREGADA DE BANCA FERIDA NO ATRACO DE VIGO É DE CAMBADOS, CONCRETAMENTE DE SANTO TOME.

Á SUBDIRECTORA DE ABANCA FERIDA FOILLE EXTRAÍDA UNHA BALA NO BRAZO
A subdirectora da sucursal bancaria de
Vigo que resultou ferida tralo tiroteo que lle custou a vida a unha axente de Policía e ao presunto atracador xa está en planta, tras ser operada para extraerlle unha bala do brazo. M.G.R. de 36 anos é natural de Cambados, concretamente
de Santo Tome, e filla de un ex concelleiro nacionalista moi coñecido na vila.
Dende Abanca, explicaron  que a operación “saíu ben· e que está “animada”, dentro do que cabe. “Esperamos a súa pronta recuperación”, engadiu a empresa.
A empregada de banca foi collida como rehén polo atracador, que saíu da entidade da viguesa cale Doutor Carracido con esta muller de 36 anos agarrada polo pescozo e utilizada a modo de parapeto para tratar de escapar co botín.
No transcurso do tiroteo, recibiu un disparo no brazo e foi trasladada ao Hospital Povisa para retirar a bala da súa extremidad, operación que tivo lugar na tarde do venres.
A bala éntrolle na parte de arriba do brazo e foille saír preto do cóbado, pero MGR, está fora de perigo.

Fotos: Yahoo, ABC e Google imaxes.
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos, preme AQUI

Ningún comentario: