16 de nov. de 2014

ENVENENADA A PATRIA DO ALBARIÑO?

TEN RELACIÓN O SULFATO CO INCREMENTO DE CANGRO DE PULMÓN E OUTROS CÉNCERES NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA?
Con este particular e alarmente titular un probablemente cambadés escribia un interesante artigo que foi publicado na revista
elmundodelvino.com decia a persoa en cuestión no seu artigo “Si ides no verán (pero especialmente na primavera) as Rías Baixas, cando vexades por aquí os tractores con grandes cisternas e ao condutor disfrazado como un
astronauta, crendo que así se protexe contra cancros e demais enfermidades asociadas, saberedes de que falo. E aínda así, o ano pasado, non salvaron nin un terzo da colleita de uva. Produtos que non só quedan no aire que todos respiramos (eses tractores levan uns grandes ventiladores cos que esparcen os
sulfatos), senón que tamén se filtran na terra, cara aos manantiais que todos os que vivimos por alí bebemos (sen falar do resto de flora e fauna). Demasiado custo para un viño branco, máis ou menos rico, que nós producimos... “
Ademais dicia o anónimo  articulista
“Co que os únicos beneficiados son as grandes compañías químicas que os producen. Non sei si terá relación, pero por aquí cada vez hai máis casos de cancro, ata na miña parroquia, de pouco máis de 100 habitantes, nos últimos tres ou catro anos xa houbo varios mortos por esta enfermidade” Dicia ademais a persoa
en cuestión que parece que o que denunciaba é algo políticamente moi incorrecto por aquí.

O que está claro é que no derradeiro
estudo do 2012 realizado por médicos de Vigo o tumor máis mortífero é o de pulmón, que se cobrou a vida de 495 persoas (a maioría, varóns), na provincia de Pontevedra, por onde se estende a denominación de orixe Rias Baixas.

A provincia de Pontevedra é lider en cangro de estomago
e Pontevedra tamén está includa no novo mapa tamén expón os mortos por cancro de pulmón, máis de 340.000 no periodo de estudo. As zonas con maior risco de mortalidad no home en cancer de pulmón localízanse en Extremadura, Andalucía occidental (Huelva, Sevilla e Cádiz), Asturias e Cantabria. Nas mulleres, os maiores riscos atópanse nalgúns pobos de Pontevedra e Ourense, que casualidade as duas provincias mais vitinicolas de Galicia.


Ou outro dia decianos un veciño de Vilariño,  bastante posto no tema, "dende que explotou ou tema do Albariño nesta zona, incrementaronse os casos de cancer, eu coido que non é unha casualidade é un problema do sulfato".
Nos deixamos aquí os datos, seguramente non pasaran a historia, pero que saibamos a que nos arriscamos.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.


Ningún comentario: