POLA PROMOCIÓN DO SEU ETIQUETADO EN GALEGO
A Asociación Álvaro das Casas entregou onte en Esposente (Ribadavia) os Premios Bacelos de Prata, cos que
recoñecía o labor de dúas adegas que etiquetan en galego. Esta son 'Arco da Vella', que desenvolve o seu labor na denominación de Orixe Ribeiro, e 'Terra de Asorei',
asentada nas Rías Baixas recollendo o premio un dos seus membros Roque Durán.

O acto contou ca presencia do conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad, e do secretario xeral de Política Linguística, Valentín García. Vázquez Abad felicitou na súa intervención ós
adegueiros galardoados, dos que suliñou que son o expoñente "dun compromiso patente coa lingoa e coa empresa en Galicia".
adegueiros galardoados, dos que suliñou que son o expoñente "dun compromiso patente coa lingoa e coa empresa en Galicia".
En representación da Asociación Álvaro Das Casas, promotora dos Premios, interviu Xosé Carballido, quen suliñou os méritos das dúas adegas
premiadas e resaltou que hai dez anos, cando naceron estes premios, hai dez anos, apenas 12 ou 15 adegas que etiquetaban en galego, mentres que nestes momentos 197 marcas aparecen no mercado coa etiqueta na nosa lingua.

Este éxito acadado levou á Asociación Álvaro das Casas a decidir que a partir deste ano, os premios non se circunscribirán tan só ó mundo dos adegueiros, senón que abranguerán a todo o sector agroalimentario.
TERRA DE ASOREI é resultado da unión de adegueiros da comarca do Salnés, pertencentes á Denominación de Orixe Rías Baixas unidos nesta empresa co obxectivo de producir viños 100% Albariño de gran calidade. Con 70 hectáreas de viñedo propio damos o paso da empresa
familiar á profesional elaborando tres albariños propios: Terra de Asorei, Pazo Torrado e Nai.
A empresa está localizade no Salnés na Vila de Cambados, capital do Albariño, os seus socios aportan a experiencia e a tecnoloxía produtiva máis innovadora, cunha capacidade de produción que alcanzaría o millón de
botellas.
botellas.
Os seus viñedos, cunha idade media de máis de 20 anos, están localizados no Val do Salnés, nas Rías Baixas, unha das principais comarcas turísticas de Galicia con un clima privilexiado de influenza atlántica con temperaturas suaves e xenerosa pluviosidade sen excesos. O val do Salnés esta situado a marxe esquerda da Ría de Arousa.

Ningún comentario:
Publicar un comentario