29 de nov. de 2014

O EX-PRESIDENTE E EX-XOGADOR DO CAMBADOS RICHAR CHARLIN REUNIU 25 ANOS DESPOIS OS QUE ASCENDERON O CAMBADOS A 2ª B.

Foto: A.L.R.M.
Foi este verán cando Richar despois de moitos traballos e de moitas vicisitudes logrou xuntar  a gran parte daqueles xogadores que ascenderon o Cambados
a Segunda B, un feito histórico na vila de Cambados, sendo presidente José Ramón Prado Bugallo, quen tamén estaba
Foto: A Ti Meu Cambados
invitado pero non puido vir. Puidemos ver por Cambados a Victor, Pupi, Miguel Soro Cacharrón, Montoto, Collazo, Bericart, Dibuja (que na tempada seguinte seria o primeiro xogador en marcar un gol oficial no Campo Municipal de Burgáns) , Cal,Buceta, Domingo e por suposto aos cambadeses Blas, Toti, Estevez e o propio Richar. Tamén estaban os adestradores Mario Guede e
O Alcalde de Cambados, Tirado,
agasallando ao presidente Prado.
(Foto: La Voz de Galicia)
Pedro Ferreira. Foron recibido polo Teniente Alcalde Antonio Iglesias e polo concelleiro de Deportes. Faltaron algúns por compromisos previos como o mítico Millán ,  Ramiro ou Amigo pero xa estarán no 50 aniversario. Con estes xogadores e baixo o padroado de  José Ramón Prado, o Club Juventud Cambados acadou as mais altas cotas deportivas ate o de agora e que de seguro moi dificilmente volverá a conseguir. Parabéns a todos eles por estar aínda tan en forma pese a transcorrer 25 anos e a ver si se ven no 50 aniversario.



Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos, preme AQUI

Ningún comentario: