29 de nov. de 2014

PODE HABER UNHA CUARTA CANDIDATURA EN CAMBADOS?

PODE SER POSIBLE AO AMPARO DA PLATAFORMA “SOMOS MAIORIA”.
POLO DE AGORA UN EXCONCELLEIRO DO BNG EN CAMBADOS E DOUS MEMBROS DA MESMA  CANDIDATURA TAMÉN ASINARON O MANIFESTO.
Ultimamente hai un “run-run” en Cambados da posibilidade de presentar unha cuarta candidatura a Alcaldía
Cambadesa,  as xa anunciadas de PP,  PSOE e BNG,  parece que pode ser posible unha mais, aínda queda moito por falar, e  ao amparo de “SOMOS MAIORÍA. Ate o de Agora un exconcelleiro do BNG de Cambados,
xa asinou o manifesto desta plataforma así como  dous membros mais da mesma candidatura das derradeiras eleccións municipais, entre  outras persoas relevantes da nosa comarca. Polo de agora non deixar de ser mais que un embrión.

QUEN É “SOMOS MAIORIA”?

“Somos Maioría”  son  persoas que queren cambiar as
cousas. Que queren facer deste país, Galicia, un lugar digno no que pague a pena vivir, no que as nosas fillas e fillos teñan futuro e no que a xente teña, de verdade, a palabra e a decisión.
Cando impulsaron  o manifesto non
queren substituír ningún partido nin ningunha organización. Só pretenden, dende unha posición de democracia militante, alentar un proceso que rescate a esperanza e poña fin a esa indefensión na que se encontra a maioría social. 

A unidade non é para eles un recurso retórico senón un
recurso natural, o máis valioso das xentes e dos pobos que non se resignan ante a inxustiza e a corrosión a que están sometidos os dereitos e o roubo de espazos de benestar laboriosamente construídos. 
OBXECTIVO PRIMORDIAL
- Promover e alentar candidaturas de unidade para as eleccións municipais, subliñando a importancia decisiva que teñen os concellos como espazos de participación, transformación e emancipación. 

- Promover e alentar e candidaturas cidadáns plurais a partir do protagonismo directo da cidadanía, coa procura da harmonía de principios comúns e programas concretos, a nivel local e galego.

Se queres asinar este manifesto ou ter mais información sobre o mesmo, preme AQUÍ

Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: