28 de nov. de 2014

UNHA RESOLUCIÓN XUDICIAL RECOÑECE O QUE ESTE BLOG LEVA DICINDO DURANTE ANOS: “QUE LUIS ARAGUNDE É UN TRAMPÓN”

A XUSTIZA RECOÑECE A RAZÓN DO PSOE DE CAMBADOS E OBRIGA AO CONCELLO A ENTREGARLLE A INFORMACIÓN REQUERIDA
A portavoz socialista, Fátima Abal, lembra que o seu grupo fixo unha solicitude de acceso ao rexistro do concello o 3 de
xullo, solicitude que foi reiterada o 7 de xullo, o 15 de xullo, o 21 de xullo, o 6 de agosto e o 5 de novembro sen obter resposta por parte do concello. Ademáis, fixeron tamén a solicitude ante o Valedor do Pobo, que fixo dous requerimentos para que o concello cumprise coa legalidade, e permitise o acceso a dito rexistro, requerimentos que tampouco recibiron contestación. 

Fatima, pouco a pouco, vai minando a
moral de Aragunde.
"Ante o desamparo sufrido, e ante a negación por parte do concello dun dereito fundamental -sinala Abal- decidimos acudir á xustiza, xa que se estaba vulnerando un dereito consagrado na Constitución como é o dereito á participación política. Negarlle á oposición o acceso á información supón un impedimento para a súa labor fiscalizadora do goberno local,  e non deixa de ser chamativo que un concello que tanto lle gusta presumir de transparencia logo resulta que non cumpre coa legalidade neste eido.”

“Despois de 4 meses de silencio por parte do concello,
cando por lei corresponde un prazo máximo de 5 días para poder ver o rexistro, e despois de avisar reiteradamente de que tiña a obriga de darnos a información solicitada, os socialistas decidimos  iniciar un Recurso Contencioso Administrativo para a protección dos dereitos fundamentais das persoas, xa que, como representantes dos cambadeses, non podemos consentir esta ocultación.”
Dito recurso, interposto o pasado 18 de novembro, acaba de recibir resposta, e nel recoñécese a vulneración de dereitos fundamentais, polo cal obriga ao concello a permitir o acceso á información do rexistro municipal.

Segundo a portavoz socialista: “é lamentable que haxa que chegar a esto, pola cabezonería e a obstinación de Aragunde, que sabía de sobra cal era a súa obriga e , aínda así, empeñouse en seguir agochando esa información. Non sabemos qué é o que ten que ocultar o alcalde, pero utilizaremos tódolos medios ó noso alcance para averígualo. Porque os veciños e veciñas de Cambados merecen saber como actúan os seus representantes”

Os socialistas tamén lamentan que o concello se adique
sempre a presumir dunha cousa e a facer a contraria. “Aragunde presume nos medios de transparencia, de que nos entrega as resolucións de alcaldía ou nos contesta ás preguntas, pero é que estamos falando de algo obrigatorio, non dun xesto de benevolencia por parte do alcalde. Os socialistas non queremos xestos benevolentes, o que queremos é que se cumpra a lei. Como exemplo, no ultimo pleno os populares votaron a favor da ratificación do código de bo goberno da FEMP, e presumiron de que xa o estaban cumplindo. Sen embargo, esta sentencia acaba de demostrar o contrario.”
“Unha vez máis quedou claro que os socialistas temos razón, e así o di a dilixencia de ordenación conforme á LJCA (ley 29/1998)”, sentenciou Fátima Abal .

NOTA DA ADMINISTACIÓN DO BLOG: 
AGORA TÓCALLE A PRENSA DECIR POR UNHA VEZ A VERDADE.
Sabemos que están a correr tempos díficiles para todos nos postos de traballo,  e mais para os rapaces e rapaces da
prensa, que o están a pasar moi mal con tanto ERE e con tanto despido, con tanta baixada de soldo, que por certo non contan nos seus periódicos, pero é hora tamén de que certas “periodistas” de certo pobo digan a verdade e se atrevan a dicir tal e como refire un xulgado contencioso administrativo que Luis Aragunde estaba ocultando información
a oposición e que non é certo o que manifestaba nos seus periódicos Aragunde cando dicia que os partidos da oposición tiñan a súa disposición toda a documentación, que Luis Aragunde é un trampón, e que en definitiva o noso Alcalde  é do Partido Popular e iso xa sabemos todos de que é sinónimo, todos sabemos que é sinónimo de corrupción. Estamos seguros de maña certa prensa vai seguir dicindo o que lle manda Aragunde, que pese a resolución xudicial, el da información a oposición.

Fotos: Cambados TK, ALZA LA VOZ CAMBADOS, DIARIO DE AROUSA, CORES DE CAMBADOS, e A TI MEU CAMBADOS.

 Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Ningún comentario: