EN TROQUES O CONCELLO “PERITA” GASTA EN PROTECCIÓN E PROMOCION SOCIAL (BECAS...) O MESMO QUE O CONCELLO DE MEAÑO O CAL DOBLA EN POBOACIÓN
O Concello de Cambados ten un coste superior en Servizos Publicos Basicos que a suma dos concellos de Meis, Meaño, Ribadumia e a Illa de Arousa xuntos, superando os 3,5 millóns de euros. O gastos en Actividades de Promoción e protección social de Cambados pola contra e similar o concello de Meaño tendo mais do doble de poboación.
Os datos foron recollidos por Xurxo Charlin do propio Ministerio de Facenda, con eles realizou os gráficos.
Non é de estranar que en Servizos Publicos Básicos (no que se incluen soldos) superemos a catro concellos, pois temos ate seis asesores que cobran mais de 15.000 euros o mes por non facer practicamente nada , ou que podian facer outros empregados públicos.
Despois temos que oir ao Alcalde de Cambados dicir que temos un “concello perita”.
OS DATOS SAEN DAQUI http://www.minhap.gob.es/gl-ES/Areas%20Tematicas/Administracion%20Electronica/OVEELL/Paginas/CosteServicios.aspx
Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.




Ningún comentario:
Publicar un comentario