3 de dec. de 2014

POLÉMICO COMENTARIO DO XEFE DE PRENSA DE CAMBADOS BENITO LEIRO

DENOMINA “GENTUZA” A TODOS AQUELES QUE DISCREPEN 
Hoxe no grupo de facebook “Cambados Noticias” un usuario desta rede social colgou un comentario de Benito Leiro, Xefe de Prensa do Concello de Cambados o cal non ten desperdicio ningún, nun perfecto castelán o noso Xefe de prensa di textualmente: 


Evidentemente non fai falla ser moi intelixente para  saber por onde van os “tiros” de Benito Leiro, van evidentemente
pola xente que facendo uso do seu dereito a liberdade de expresión , critica  a súa valía como xefe de prensa ou critica ao Alcalde de Cambados Luís Aragunde , ou a periodistas afectos ao poder.
Pero hai xente consecuente que xa lle contestou, porque en facebook está quen menos te esperas “querido” Xefe de prensa, e así un dos usuarios contestoulle, ademais de xeito contundente: “Vaia xeito de irse polos cerros de Ubeda, Benito Leiro, e ademais soa raro que alguén que se gañou a vida como
periodista, é dicir, escribindo e opinando, critique a liberdade de expresión; as redes sociais , querido Benito, non son a antesala de nada,  simplemente son un reflexo da sociedade o que se sinta ofendido por esa “…gentuza que dedica todo su tiempo a agredir verbalmente a los demás…” teñen os tribunais para defenderse; as redes sociais,
como un medio de comunicación máis non xeran violencia, fai trinta anos non existían, e entón xa se producían feitos como o da semana pasada, o que xera violencia e que un cargo público como o Alcalde de Cambados diga que non se pode dedicar mais de 7.000 euros a axuda de material escolar para as familias mais necesitadas, sen embargo si haxa cartos para
crear postos totalmente innecesarios no concello como o teu e o de…., o que crea violencia e rirse da intelixencia dos cidadáns dicindo que vai ampliar o polígono industrial como “inversión de futuro”, cando non fai mais que pechar empresas. Sinceramente Benito como che cambio a comodidade do cargo pero, claro, tes que defender a man que che da de comer."
Hai mais comentarios, pero coidamos que con este o Xefe de prensa quedou servido. Comentarlle  ao Xefe de Prensa de Cambados e mais para outro que di “Vivir en Cambados” o seguinte : “É xurisprudencia do Tribunal Supremo, que  “a liberdade de expresión non é só a manifestación de ideas senón que comprende a crítica da conduta doutro, aínda cando poida molestar, inquietar ou desgustar a aquel contra quen se dirixe porque iso requíreo o pluralismo, a tolerancia e o espírito de apertura, sen os cales non existe unha sociedade democrática””. 
A ver se vos dades conta dunha vez, en todo caso o xefe de prensa debia defender a liberdade de expresión como periodista que presuntamente é. Tamén habia que dicir que a oposicióm, ainda que non pode pedir a dimisión do mesmo por no ser un cargo politico, ainda que aveces actúe como tal, si deberia fiscalizar dalgn xeito ao xefe de prensa.

Fotos: CRTVG, Vieiros, A TI MEU CAMBADOS  e Google Imaxes.


Para novas en xeral de Cambados, preme AQUI.

Para novas de deportes de Cambados, preme AQUI.

Se queres ver os nosos videos, preme AQUI

1 comentario:

Quico Álvarez dixo...

Creo que é equivocada a tua apreciación. O que di exactamente é que hai xentuza que utiliza certos recursos verbais, pero non está a chamar do mesmo xeito os seus interlocutores ni a todo o que discrepa, como ti estás poñendo nas suas palabras. Me consta que Benito é unha persoa dialogante e aberta, a parte da sua ideoloxía (que non sei cal é). As cousas como son. Esta é a miña opinión.
Quico Álvarez.