16 de maio de 2019

ASUNTOS DE FAMILIA




Non comprobei os datos, pero probablemente sexa a primeira vez en 30 anos (polo menos) que se presentan 6 candidaturas a alcaldía de Cambados. 6 candidaturas que oscilan entre os 20 e os 27 candidatos, é dicir, temos case 150 cambadeses (o 1% da poboación) que dan un paso adiante e se involucran na nosa política municipal, unha cifra nada reprochable e que probablemente solo teña parangón na ría, nas candidaturas do concello do Grove.

Pero esta curiosidade queda nun segundo plano cando vemos que dentro desas candidaturas hai dúas encabezadas por 2 irmáns. Por un lado temos a Sergio encabezando a de Ciudadanos e polo outro a José Ramón encabezando por segunda vez a de Cambados Pode. Hai 4 anos a cousa era ben distinta, ambos eran uña e carne e formaban parte da mesma lista electoral.

Imos comezar por analizar en primeiro lugar a candidatura de Pode, unha candidatura que sigue a ser moi familiar. É que Jose Ramón vai custodiado pola súa nai, no 2º posto e o seu pai, no último posto da candidatura. Queda ben as claras quen é o fillo favorito nesta ocasión. Por si fose pouco, Jose Ramón tamén inclúe na súa lista a súa parella.

Si algo temos que recoñecerlle a Jose Ramón Abal é que sabe estar no lugar oportuno no momento oportuno e soubo como ninguén escoller na primeira ocasión que se presentaba o nome do seu partido (no momento de máis auxe de Podemos, sen ter ningunha relación) e soubo estar preparado coma ninguén, para cando menos, intentar reeditar resultados nestas municipais. Pero a ninguén se lle debe esquecer as condicións nas que se presentou as anteriores eleccións, días despois de escapar da garda civil.

Pero creo que si alguén quere referencias de Jose Ramón Abal e do seu pai, o mellor que pode facer é ir a preguntar a banda de música de Ribadumia.

No outro lado temos o seu irmán Sergio, que o igual que Jose Ramón leva a súa parella na lista, pero neste caso no 2º posto. E de este rapaz, poucas referencias temos, máis alá do que podemos ler aínda a día de hoxe no seu perfil da rede Social Facebook.

Saíu en varios momentos da lexislatura tirando a dar contra o goberno de Cambados e nos últimos días tráenos as páxinas dos periódicos ocorrencias máis sobadas que un pasamanos.

E que o representante dos laranxas, do partido de “ni machistas, ni feministas”, “ni taurinos, ni antitaurinos”, “ni monarquicos, ni republicanos” si por algo é coñecido para nós e por ser dos poucos candidatos a alcaldía por parte de Ciudadanos no estado español que dixo nun comentario no seu muro de Facebook “Canta falta fai ETA”. Saberán esto en Madrid?



Como vedes esta saída de tono ven logo de perder varios puntos, e é que esta familia ten un grave problema cos coches, ben podían montar unha escudería de F1.

Ningún comentario: