15 de maio de 2019

AXENDA CULTURAL ATMC


Volvemos unha vez máis coa axenda cultural ATMC que nesta longa fin de semana ven máis cargada que nunca.

No día de mañá (xoves) teremos na Krazzy Kray un bombazo, Quilma, a banda na que leva a voz cantante o gran Quique Barreiro, vai facer a súa posta de largo na que a entrada terá un custe de so 5 €.



Tamén na Krazzy Kray teremos concerto o sábado a cargo do Quinteto liderado por Carlos Barruso (recentemente galardonado no Premios Martín Codax da música), no que cada quen pagará o prezo que considere oportuno o remate do concerto.



No Rif Rock teremos pinchada o venres a cargo de Excaleneux&Munstaphà coa Sesión GZ Caníbal e o sábado a cargo de PTOOF!



O sábado teremos festa no AYF que correra a cargo de B4Project a partir das 00:00h horas. DJ Paints estará ó platos e Crespo e Plazoleta porán as súas voces. O concerto non rematará con estas actuacións xa que haberá micro aberto. Así o AYF continúa a súa aposta decidida polo hip hop e B4 Project, que iniciaba a súa traxectoria co xa mítico Arousa Vice, ponse outra vez a cabeza da música urbana cambadesa.



Ningún comentario: