EDITORIAL. A CHORAR A KANSAS OU A CANGAS?
Pois si, a relación entre Cambados e EEUU parece pasmosa. Así, o Trump
perde en votos populares coma Luis. O voto das parroquias é evidentemente
conservador, coma o medio-oeste da América, mentras que no casco urbano da Vila
gaña con maioría absolutísima os partidos de "esquerda". Os Estados
dos lagos, os mais industrializados deciden ao final, quen é o victorioso, coma
nós en Vilariño. Teñen rañaceos coma o noso "Saraghosano", illas coma
Manthattan, nós as ghoritas, barrios chamados "A chinatown", nós Santomé,
a cidade de San Francisco que non é mais que unha imitación burda de Corvillón, coas costas arriba e abaixo, e
o mar bravo do río da Ucha.
Pero onde mais parello se fai o mimetismo é na City Hall, na casa
consistorial e os seus habitantes
provisionais. Así temos ao noso Jimy Carter que, en vez de vender “cacaghuetes"
adícase a vender viño podendo chegar algún día a ser alcalde. Temos aos de
Somos Cambados que, coma Biden, dou por suposto o seu goberno e conqueriuno. Temos
ao portavoz do BNG Victor, entendendo se é Victor ou Victoria quedándose co
primeiro. Está o angloparlante Tino, representante de New Jersey, aspirante a “Senator”,
e a Luis Aragunde, o mais americano. Digo ben, o americano, por que é o que lle
gusta, o imperio. Senón diría Estadounidense.
Así temos a unha voz en Cambados que avoga por que a maioría mais votada
goberne frente a unha maioría de votos, de sufraxios. Temos a un portavoz
municipal conservador que defende gañar as eleccións con votos que o insulta, que
o menospreza e deféndeos como válidos, coma Trump. É o defensor da hostaleira
cambadesa cando as competencias son da Xunta, da súa Xunta de Feijoo, sabendo
que antes, co confinamento total, pertenceron a Sanchez e eles, os populares, quixeron
que se lles pasaran ás comunidades autónomas.
Aí está a manifestación frente ao Concello, a maior fakenews, dos
hostaleiros, con cacerolada incluída, cando o máximo que pode facer o goberno
de Cambados é apoialos económicamente, como xa o fan. Xa quixeran outros
sectores afectados ter as axudas que ten a hostalería. Cambados somos todos.
Que vaian ás consellerías compostelanas de San Caetano e, coma os bateeiros
hai anos, tiren coa cancela, e marchando lle digan aos policías “...e
coidadiño, que somos dos vosos”.
Trumpismo. Así que este ano deberemos celebrar o día de acción de gracias, que xa é a única que nos falta por celebrar.
MUNDO.
Suiza pertence a esos países que ademais de El Rei emérito levando cartos, nunca
invadiu ningún país -pa que- e que ten a orgullo a pertenza de catro idiomas, francés,
alemán, romanche e italiano. Non creades Spañoles que este plurilinguismo
existe en continuo conflicto, non. En cada territorio, que non Cantón, só se
educa no monolingüísmo saíndo da escola básica con diferentes graos dos demais
idiomas da nación. Non hai independentismo. Tampouco tería cabida un político
coma Alfonso Guerra, nin partidos coma Ciudadanos.
SPORTMAN
Xa temos un partido de fútbol de primeira división, Ribadumia-Cadiz, na
Copa de El Rey. Será que a cidade dormitorio de Cambados ten sorte. Sempre fun
mais do Barrantes.
En todo caso, sorte!
A GÁNDARA DE PEDRA.
Bildu apoia os presupostos do goberno de Spaña. Escándalo Esos mesmos
escandalizados non abren a boca cando están sostidos en gobernos autonómicos
por un partido que dixo "El gobierno de Sanchez es el peor de los últimos
70 años". Os mortos da Dictadura deben ser menos mortos. Sempre houbo
clases.
ISTMO-LOCAL.
Cada vez que ultimamente hai unha manifestación en Cambados, cando antes
eran contadas e espaciadas, sempre aparece de protagonista o Bloque. Se non as
fai ,manda recado.
BREVES
1-Portugal afea a Sánchez e aposta pola liña férrea Porto-A Coruña. Non
creades que son pro galaicos, simplemente saben o importante que sería para
eles afortalar o aeroporto desa cidade, amais das mercadorías. En Galiza, estamos
a nos esnaquizar co localismo Vigo-A Coruña, pero sempre teremos a un
presidente que fala de Galicia, Galicia, Galicia. Inacción.
2-Interceptada unha patera chea de madrileños á altura de Sálvora. Despois
de seren atendidos por Salvamento marítimo informóuselles que ata a ponte da
constitusión non poderían atracar, xa que logo Feijoo pideu a independencia.
3-En Cambados, a falta dun, hai dous sínicos
Ningún comentario:
Publicar un comentario