EDITORIAL. A TEORÍA DO CAOS
Non é certo, nestes tempos de, máis
que revolución, revolto de patacas, "a canto mais pior, mellor". Ese
axioma da vella esquerda mudou. Canto pior, pior para os que mais padecen .
A realidade deste ano do COVID19 foiche ben dura para os sectores da
economía real, tanto produtiva coma esencialmente a de servizos, destacando a
desfeita da hostalaría.
Hai outro axioma, "se nos obrigan a pechar, que paguen". Ben
certo é que, tendo razón a priori, non é menos certo que os Estados da Unión
europea dependen dos recursos que teñen, dos impostos recaudatorios necesarios.
Eso que agora chaman "músculo".
Así Alemaña basea o potencial de seu, na industria, Franza, nas
exportacións industriais punteiras, Noruega, na capacidade petrolífera, Italia,
na riqueza do seu Norte rico coma el só, etc... e Spaña? esa Spaña que lles
enche a boca á dereita patriótica? pois sálvase polo turismo, polas divisas que
xenera o turismo, ese mesmo sector que mais atacou o virus. A capacidade
recaudatoria, o colchón que se utilizou na época dos homes de negro, cando
gobernaba M. Rajoy non se pode utilizar agora por razóns obvias.
Mais inda así a dereita Spañola e a local cambadesa en concreto, xogan a
enmerdar todo o que poden. Confunde que "a río revolto...". Penoso, pero
certo.
Así temos un goberno socialista-comunista en Madrid -xa quixeran moitos- que
a axuda máis importante ao sector hostaleiro ven dada polos ERTEs esperando
polos cartos de Bruselas por que o músculo é o que hai. Nada de la gran España.
Temos a un goberno da Xunta que non goberna -para que se temos os medios "regionales"
mercados ata a médula- que está á espera da pasta da UE, non deixa aos
Concellos gastar nin en competencias que son deles, e para maior risa de todos
nós, os recursos de atención primaria, ou pechados, ou cada vez con menos
dotación. Votamos esto, Galicia, Galicia, Galicia.
Entón dixo o PP local, "aquí pódesenos ir moito voto, non para que vaia ao Bloque, non, para que fique na casa nunhas municipais. E que non me insulten!”.
Dicía Luis Aragunde no último pleno do Concello de Cambados "...é que
me están pedindo dende o móbil que deamos unha solución conxunta" con-Xunta
de Galicia non pedía. Pedía reunirmos todos e falar falar... enmerdar, por que
son os mesmos que protestan pola suba de impostos, mentras desaparecen os
servizos de atención primaria, pero se hai que lavar a cara nunha mani, vaise. Son
os mesmos que queren rebaixar os impostos municipais cando eles nos seus
gobernos sucesivos de 28 anos subían todos os anos as tasas municipais para
manter "unha enchenta de "petisiones" de votos-postos de
traballo. Este goberno actual do que menos se lles pode acusar é de
despilfarro. Pero todo vale inda que a verdade mais recente avale o que digo.
O gasto en servizos sociais e de loita do COVID19, tanto en Cambados como
outros Concellos de diferentes cores -non Tourís- é importante.
Na rúa Castelao están contentes, os nosos non se "ghastan", nós
no cuarto de "salú" e la oposición con eles mesmos.
Vamos Cambados!!!!
MUNDO
A prensa spsñola non adicou un oco ás negociacións entre a UE e os do
BREXIT ata hai non dous días. Nos xornais galegos, La voz de Galicia non tiña
reporteiro especial en Bruxelas, coa primicia de NADA en primeira páxina este
luns. Feijoo dálle para ter un piso alugado na capital europeia. Pero eso no
vende. BUENO, foi o primeiro en informar de Nada.
A GÁNDARA DE PEDRA
Centos de hostaleiros viaxaron a Madrid para pedir mais axudas para o sector non lles chegou a forza nos pés para ires até Bruxelas, e Santiago ficáballe ben lonxe tamén... non digo todos, hainos que foron a todos os sitios por que o sector depende de todas as administracións. Han ser coma Tourís cando o Bipartito asaltando o Parlamento. Logo non fixo falla.
ISTMO-LOCAL
A Cambados venid, -non podes-, ao
Salnés a mercar-tampouco-, que los Amazon prime se lo están comiendo...
SPORTMAN
Coidadiño coa primeira muller vacinada en Galiza. Presumeu de forza de
sacho, o que os comunistillas interpretaron como de esquerdas. Non digades tal,
que se non a dereita non se vacina... vai ser eso....
BREVES
1-Balboas está farto de tanta casiña, de tanto río, de que A Torre sexa
protagonista en Fefiñáns. O PP só está farto. Ídelle "joder a cabesa a
Balboas" Haiche moita" bogha".
2-Contaba xurroque que todo se solucionaba con "vivaspaña" agora
faino VOX e moitos en Internet.
3 -de súpeto en Cambados haiche moitos sínicos
Ningún comentario:
Publicar un comentario