A FOLLIÑA DO LUNS, que sae a cuarta feira. Por Xan Galbán
EDITORIAL.ADEUS RAPACES.
DEICA,TRUMP
A historia autobiográfica de Louis Malle na película "Adeus
rapaces" relátanos como un colexio
da burguesía parisiense na Franza ocupada, agocha uns adolescentes xudeos coa complicidade do seu Director, que
son atrapados polo delator, un axudante de cociña, da clase obreira, que, frente
a unha inxustiza cometida con el, decide
revelar ás autoridades xermanas a existencia dos seguidores da estrela de
Davide e ao seus colaboradores no recinto educacional relixioso levándose de
paso un diñeiro e a palmada no lombo dos alemáns que acabarían cos detidos nos
campos de concentración e exterminio.
Trump é o presidente dos Estados Unidos da América o segundo candidato con
maior porcentaxe de votos nunhas eleccións libres frente ao gañador destas, Joe
Biden, sendo o futuro presidente, o mais votado da historia. Non lle vale a
Trump tal resultado. Todo trolas, toda unha montaxe do partido demócrata para
gañar o poder con trampas no reconto de votos. Imaxinade se en Washington na
contra de Trump estivera presidenciado
por un demócrata!
En Cambados, tan dados a imitar os
USA coma o fixera o Marinense Jhon Balan, estamos afeitos a asaltos, a
protestar polos resultados municipais e a, se fai falla, asaltar o Parlamento
da Rúa do Horreo compostelán. Non creades, o noso Donald non é Luis,non, chámase
Cores Tourís. Soio valor, soio ante o perigo, impúxose aos policías do
Parlamento con maioría do bipartito, cunha recuaxe de militantes do PP, conqueríndo
ser Superdelegado de Feijoo, para mais tarde mandalo a Superdirector do Porto
de Vilagarcía. Sempre hai un sitio para os valentes cando gozas de poder. O
noso Trump non se enrruga, énchese.
O Luis, cando ocupou a entrada do Concello, soio defendía un espazo público,
un espazo educativo sen que lle pasase unha estrada ao seu carón, á beira das
fiestras das aulas, sen ser recibido polo Alcalde da época, con
"amighos" con terras, con intereses. Luis díxolle á Voz "paso da política" e o
Alcalde Tirado, contestoulle "son manipulados pola oposición e o
profesorado". Soubo o portavoz do estudantado que é unha trola, o que se
chama agora, unha fakenews. Pero o noso futuro Alcalde, sabedor da importancia
do liderado social, o Pp xa con Tourís en baixa e impopular, precisaban dun
recambio xeracional, chamaron ao auxiliar de cociña da peli de Louis, e
decidiuse. O traballo na privada é duro, pensaba axudar aos seus veciños, pero
con trolas por enrriba da lei, durándolle o mandato catro anos. Foi o Alcalde
do PP mais votado e o que perdeu a Alcaldía. Non hai fallo, o Pp sempre paga
aos osados, agora a Deputación, logo o que sexa.
O asalto ao Concello do ano 86, propiciado por Ap, con altos nomes da Vila,
o conflicto do Castelete, só serviron para apuntalar ao conservadurismo na Vila do Albariño con interese económicos e
inmobiliarios frente ás novas leis urbanas do solo no primeiro ,e o localismo
mais reaccionario no segundo. Saben do que falo nas mulleres do mar.
Eu sempre estarei cos hai que protexer, co que hai que defender, o público.
Nunca estarei cos que, coma Joshep, o axudante de cociña que, descuberto polo
protagonista, o alter ego de Louis, espétalle: "non te preocupes ,non son
mais ca xudeos".
MUNDO
O asalto ao Capitolio estadounidense, fixo famoso a un home disfrazado cun
chapeu con cornos, cuberto de peles animais, e unha vez detido, na cárcere, esixe
comida orgánica, polo que se pon en folga de fame. Mada carallo, só quedaba que
fose vegano.
A GÁNDARA DE PEDRA
A luz eléctrica volve estar no "candelabro". Cando dependía da
administración pública, xa se falaba de que: "es mais retorsido que unha
factura da lus". Logo pasaron por elas, o carbón, Rodrigo Rato decidíndo
aplazar a suba, e todas as portas xiratorias de moitos políticos de toda índole
e cor. Que deixen ás enerxías renovables, coma en outros países europeos, a
liberdade de teren a súa propia canle e imos ver. O qué imos ver é como
asulagan mais aínda, a Galiza con novos encoros. Que veñen os coches
eléctricos...
ISTMO-LOCAL.
"Por fin" acaba de pór Xurxo no seu muro de facebook. Cambados
pasa a ser correlativo ás restrincións aos casos de COVID19. O dano
xa está feito.
BREVES
1-O exército está para servir ao pobo. Dependen dun estamento chamado
Parlamento, onde reside a soberanía da cidadanía. O seu máximo exponente é El
Rei. Como para non vixialo e reorientar a lei. Xa non falo de referéndum.
2-Teremos vacinas antes de Xuño? e vacinados? eis a única salvación.
3-En Cambados sempre houbo sínicos,
Ningún comentario:
Publicar un comentario