5 de out. de 2010

OLGA COSTA, DO REFUXIO DE ANIMAIS, SOLICITA CONSELLO

ENVIO DE CANS A PROTECTORA DE HOLANDA
Boas tardes a todos, xurdiu a posibilidade de enviar 15 cans a unha protectora de Holanda, onde todo está controlado directamente polo Estado, entan prohibidos os sacrificios e leva moito mais control sobre as adopcións e hai legislacion estrita contra o abando e venda ilegal.
Para nós é unha gran oportunidade debido a que estamos saturados con mais do 200% de ocupacion no refuxio.
O que ocorre é que o envío teriamos que facelo nós, se contratamos a unha empresa especializada no envío de mascotas internacional para que os cans vaian en condicións óptimas e cheguen perfectamente a destino fannos falta máis de 1.000 €.
A viaxe serían unhas 26 horas de coche en vehiculo especial, con transportines especiais, hixiene por ozono, paradas rigorosas cada 4 horas para baixar aos cans, pasealos e darlles para comer e seguimento mediante SMS e Satélite, con todas as garantías exixibles.
Outra opción é ir persoalmente a levalos alugando unha furgoneta, serían 26 horas de traxecto as paradas, e como mínimo dúas persoas para turnarse conducindo e poder atender a péquelos en condicións, ademais necesitariamos transportines en condicións para cada un.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Penso que o envio mediante unha empresa especialidada con todalas garantías e o mais recomendable, respecto o custe económico creo que o concello debería colaborar e incluso instar ó resto dos concellos da comarca a sufragar eses gastos posto que os cans recollidos no refuxio corresponden a toda a comarca do salnés debido a que concellos como ribadumia ou vilanova carecen de protectora ou refuxio e todos acaban derivando a recollida de cans abandonados a Olga no refuxio de Cambados a donde chegan cans do GROVE inclusive.
Penso que e una boa solucion a saturación na que se atopa ahora o refuxio i e unha alternativa, da que todolos concellos e gobernos deberían tomar nota de Holanda.