9 de nov. de 2010

DOUS PREMIOS PARA HONRAR O MESMO ESCRITOR NA MESMA VILA, A POLEMICA ESTÁ SERVIDA.

O CONCELLO PLAXIA O PREMIO OS LIBREIROS DE CAMBADOS.

Luis Rei, a quen deixamos fora desta polémica.
A polémica está servida, o Concello e os seus representantes que non son capaces de ver un burro a catro pasos “acaban de instaurar” o premio Ramón Cabanillas , o seu primeiro destinatario foi o Chalequeiro de Unha Grande Chea Luis Rei, a quen queremos deixar fora desta polemica e merecedor sen lugar a dúbidas deste e doustros premios, dous representantes de Unha Grande Chea, asistiron para darlle os nosos parabens. O máis estridente de todo isto é que na vila xa está instaurado o premio Ramón Cabanillas pola Asociaicón de Libreiros de Cambados cun pretixio fora de toda dúbida, e diso eran coñecedores o Concello creando así unha polémica onde na habia, se antes falasen con esta asociación para intentar chegar a un acordo ou solución, non nos estariamos laiando agora. Nos quixemos saber o opinión de Ramón Dominguez Argibay representante da Asociación de Libreiros de Cambados que nos remitiu o seguinte correo:

Ramón Dominguez Argibay
"""Estimados amigos: Como bén decides, Luis Rei é mereceredor de calquera premio, pois era un dos nosos candidatos ó noso premio, coma outros escritores relacionados coa nosa vila, pero usurpar o nome do premio Ramón Cabanillas aos libreiros, que xa o tiñan constituido dende fai sete anos, e con unha grande resposta por parte dos cambadeses, creo que é unha gradísima falta de respecto para nós e para todolos colectivos que colaborábades con nós, para que este premio se convertise en algo culturalmente importante, non só en Cambados, senón tamén no Salnés. Os premiados nestas sete edicións son autores moi recoñecidos no eido da literatura galega, incluso hai unha escritora (Fina Casalderrei)que foi premio estatal de literatura infatil-xuvenil. Non se pode de parte do Concello de Cambados intentar botar abaixo tada a labor que fixemos os libreiros e outros colectivos colaboradores durante estes anos para que Cambados sexa un referente cultural na comarca, ademais de facer promoción do noso poeta mais ilustre. Tamén quero comentar que nunca tivemos colaboración do Concello, excepto esta última edición, que axudaron na cartelaría, pero parece que foi para copiar a nosa idea e facer un premio idéntico co mesmo nome e co mesmo formato. O señor alcalde, ademais de concellal de cultura non se dignou a asistir a entrega do premio a Francisco Fernández Rei, que se celebrou no ano Cabanillas, e que tanto colaborou, igual que Luis Rei, para que o ano Cabanillas fora un éxito. Non vou asistir á entrega do premio do Concello, ainda que me gustaría, por honrar ó meu amigo Luis Rei, pero o Concello non se merece ningunha atención pola nosa parte. A partir de agora os libreiros decidiremos se imos seguir organizando o noso premio, pero antes contaremos coa vosa opinión e cos demais colecticos que colaboraron con nós estes anos. Unha aperta. Moncho."""

Unha Grande Chea suscribe todos os puntos desta misiva.

3 comentarios:

Unknown dixo...

"houberan falado" ???????

¿Seguro?????

Agrupacion tradicional XIRONSA dixo...

Eu lle restaria importancia, o intento de plaxo do concello,xa e de sabido que ante a falla de ideas propias, boas son as dos de mais. Con isto que digo, non quero desmerecer o traballo de Luis Rei.

E me centraria na organización do PREMIO RAMÓN CABANILLAS de todos estes anos. O cal e merecedor dos meus parabens ao haber comprobado nas edicións pasadas, o afecto, o esforzo e as gañas que van impregnadas neste galardon, por parte da asociación de libreiros. Animo, moito animo, en non deixar que este tipo de actos vos desanimen.
Con migo contar para o que queirades, xa o sabedes.
Nacho.

Unknown dixo...

De todos xeitos, co tempo o premio do Concello vai ser algo PPartidista, como todo o que o Concello toca, sempre tende ao PPartido...
O premio Ramon Cabanillas realizado polas librarias premiou dende fai 7 anos á xente mais importante da Cultura Galega(fora de ideoloxias politicas), xa veremos se o Concello é capaz de realizar o mesmo...
Parabens aos libreiros, por todos estos anos tentar aglutinar ás diversas asociacions culturais de Cambados para facer un premio Ramon Cabanillas co apoio de todos
Animo para o VIII Premio Ramon Cabanillas!