Cun especial e intelexente debuxo de Mon Daporta no que de forma máxica converte a torre de Santo Tome nunha árbore de nadal coas suas boliñas e coa sua estrela, digna dun xenio , é para nos o mellor debuxante de Cambados, queremos desexar tanto os nosos amigos como os nosos adversarios un feliz ano novo 2011, esperemos que a tan cacacreada crise empece a deixarnos de lado pero vai ser moi díficil, e importante nestes casos apegarsa a terra e loitar dende a nosa Galicia para sair adiante o ano que ven vai ser moi importante para que os cambadeses intentemos dar a volta a todo esto, os demais de seguro que non van pensar en nos. FELIZ ANO 2011. Saude e Terra.
UN NOVO ESCÁNDALO NO MALTRATO OS ANIMAIS: "ASASINATO DE CANS"
A DEPUTACION DE PONTEVEDRA NON SE QUERE PRONUNCIAR NO ASUNTO.
LUIS ARAGUNDE BOTA BALÓNS FORA, PERO NON SE PRONUNCIA CON FIRMEZA
A Protectora de Cambados asegura que hai empresas en Galicia, algunhas traballando xa na provincia de Pontevedra con cobertura de certo organismo oficial provincial, que ofrecen aos concellos os seus servizos para facerse cargo dos animais abandonados. O negocio é legal, en principio, pero Olga Costa sostén que o funcionamento destas empresas baséase na recollida de animais, que permanecen vinte días no floco, «sen ningún tipo de atención, e se pasado ese tempo ninguén os adopta, sacrifícanos».
A presidenta da Protectora de Cambados ten coñecemento desta actividade porque, segundo informou onte, os responsables dunha desas empresas puxéronse en contacto con eles para subarrendar os seus servizos. «Ofrécenche un soldo a cambio de que traballes para eles, porque prefiren facelo a través das protectoras. E non se trata de rexeitar un soldo, pero non deste xeito. Nós non imos ser cómplices do sacrificio de animais, e ademais imos estar vixiantes e denunciarémolo, porque xa hai concellos que contrataron estes servizos na provincia de Pontevedra».
Non así no Salnés, polo menos de momento. «Falamos con Luís Aragunde e el xa nos asegurou que en Cambados non se ía a facer de momento. Nós queremos agradecer aos concellos de Cambados e Vilagarcía o ajemplo que dan traballando coas protectoras de animais, e advertir ademais que noutros sitios estase facendo iso, cando non é necesario, porque moitos cans adóptanse».
De feito, no floco de Cambados entraron este ano 327 canes, e 221 foron adoptados. Olga Costa sostén que calquera can pode ser acollido nunha casa, e puxo como exemplo o caso de Peter, un cidadán alemán que se desprazou desde o seu país para recoller un can en Cambados. «Contactou connosco a través dunha páxina web, e viño a buscar un can que levaba connosco catro anos, que fora maltratado e que lle tiña medo á xente. A Peter, que xa ten outro can, gustoulle a súa historia e viño a por el. Pagou 300 euros polo billete de avión, e con tan mala sorte que lle perderon a equipaxe».
Olga Costa advirte de que en breve entrará en vigor unha normativa europea que castiga calquera caso de malos tratos animais, e que España, que está á cola en concienciación, deberá tamén adaptar as súas leis a esa normativa.
Nova recollida de "La Voz de Galicia".
Ningún comentario:
Publicar un comentario