30 de dec. de 2010

HOXE SON NOVA: CERVECERIA ESCUMA, ABEL BARANDELA, PLATAFORMA GALEGA DE INCLUSUIÓN EDUCATIVA, CASARELLO, BANDA DE MUSICA DE CASTRELO E JUAN CARLOS CARBALLAL.

FIN DE ANO EN ESCUMA

Es ano a Cerveceria Escuma tira a casa pola ventá neste fin de ano e despois das uvas de ano novo invitanvos a celebralo con eles a partir da 01:30. Terán chocolatada a partir das 05:00 da madrugada e non pecharan ata as 3:00 da madrugada do domingo!!!!!!!!!ahí dandoo todo!!!!!!!!!!!!!a cociña e o cubateo non vos abandoará en 24 horas!!!!!!!!! En duas palabras “In Presionante”,.



ABEL BARANDELA, O VIÑO BARRANTES FEITO ARTE. UN DOS SEUS CADROS MAIS FAMOSOS É O MAR NA PRAZA DE FEFIÑANS.

O a arte un exercicio continuo de coñecemento, de nós mesmos e das nosas relacións coa contorna. Abel Barandela atópase inmerso nese proceso de coñecemento, a súa obra está protagonizada por personaxes da vida rural galega de outrora. recoñecemos e recordamos o noso pasado recente a través de escenas populares, costumes, oficios festexos, formas de vida....
Non hai pretensións interpretativas máis aló de dar cor ao recordo, pero se as hai formais. Barandela é un artista de formación autodidacta cuxo fin é dar cor e forma ás imaxes que forman parte do pasado e da nosa memoria colectiva , querendo transmitirnos esas vivencias coa maior intensidade, por iso demostra gran preocupación polo dominio da técnica.
Comezou pola representación de brancos e negros do carbón , traballou o pastel incorporando a cor a unha obra de temática sombría, conseguindo texturas aterciopeladas que achegaban os recordos e na actualidade experimenta co pincel e coas cores acrílicas , sumando en ocasións o ton violáceo do tinto de Barrantes cuxos vapores envolven as vidas da xente que representa. Abel ademais de pintor é un excelente Garda Civil. 
Máis información e fotos en http://pinturasabelbarandela.blogspot.com/
PLATAFORMA GALEGA INCLUSIÓN EDUCATIVA. A CAMBADESA CUCA DÁ SILVA, FORMA PARTE DÁ MESMA.

Con data 28 de decembro do 2010 iniciaron a andaina da Plataforma galega a prol da inclusión, para esixir a concienciación, a formación e os recursos para a igualdade de oportunidades para todos. Cuca dá Silva, Esther Cadrado, Inés Casal.
Sinxelamente falamos de PERSOAS. Falamos, en primeiro lugar e por encima de calquera outra consideración de “suxeitos únicos, dignos e iguais en dereitos e obrigacións ao resto dos membros da comunidade”. Entendemos pois, que falamos de CIDADÁNS.
“Cidadáns con” (autismo, discapacidade intelectual, alopecia, discapacidade psíquica,cegueira, dor de costas?en fin?) necesidades de apoio , especificas e individuais para cada un deles...
Cidadáns con dereitos (universalmente recoñecidos a través da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e todas as súas cartas derivadas).
Podes acadar máis información en: http://plataformagallegainclusion.blogspot.com/
CORTADA DE XAMON PA TODO KISKI NO CASARELLO EN CASTRELO

O viernes 31, día de fin de  , tanto pola mañan a partires das doce e media tanto  como pola tarde a partires das 19.30 horas o  Estudio de Cociñas Iroko e Cafeteria Casarello invitanvos a degustar duas patas de xamón cortadas no momento. Non faltedes é gratis.




O AUDITORIO ACOLLE O CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA DE CASTRELO E DA KRAZZY KRAY BIG BAND

O Auditorio da Xuventude de Cambados acolle hoxe a partir das nove da noite unha nova actuación incluída no programa do Nadal do municipio. Nesta ocasión sobre o escenario estarán os músicos da Banda de Música de Castrelo e os compoñentes da Krazzy Kray Big Band.
A actuación está pensada en dúas partes diferenciadas. A primeira correrá a conta da Banda de Castrelo que interpretará temas de corte popular e galego e tamén cancións das películas de Disney que farán aplaudir aos máis pequenos da casa.
A segunda parte do concerto será cousa dos músicos da Krazzy Kray Big Band que porán sobre o escenario diferentes versións de temas de películas e programas de televisión. Unha ocasión perfecta para pór un toque cultural a uns Nadais con deixe de crises.

«É UNHA UTOPÍA PENSAR EN ACABAR CO NARCOTRÁFICO»

ENTREVISTA A JUAN CARLOS CARBALLAL, XUIZ DE INSTRUCIÓN Nº 2 DE CAMBADOS.

Vinte anos de narcotráfico en Galicia dan para unha avaliación do camiño percorrido, e tamén unha reflexión. Juan Carlos Carballal, titular do Xulgado número 2 de Cambados e instrutor de moitos sumarios por tráfico de drogas, non é optimista. Quizais sexa realista.
-Vinte anos despois todo segue igual ou parecido. Hai solución ao narcotráfico?
-Non a hai. Responde a unha demanda e a unha oferta. Desde o punto de vista teórico, a única solución sería a legalización mundial da droga, pero iso non vai ocorrer.
-Por que?
-Porque sería moi difícil pór a todos os países de acordo, e tamén por unha cuestión de saúde. As drogas causan graves danos e iso non pode legalizarse. Vai seguir sendo ilegal, e seguirá existindo mentres haxa demanda e oferta, porque é diñeiro rápido e fácil. Un negocio redondo. Seguirá habendo narcotraficantes, as forzas da orde perseguíndoos e os xuíces investigando e castigándoos. É como cos roubos, seguiraos habendo mentres haxa propiedade privada. É unha utopía pensar que se vai a acabar co narcotráfico. O que hai é que seguir loitando, e sempre se dixo que a vía é a económica, perseguilos desde o punto de vista patrimonial. É o que se está facendo e o que se pode facer nos países receptores da droga.
-Cal é a situación actual en Galicia?
-Estamos nun bo momento, porque as forzas de seguridade teñen máis medios e máis experiencia, e fixéronse operacións moi boas, como a Tabaiba. Aínda que no narcotráfico todo cambia moi rápido, aparecen máis persoas, outros xeitos de introducir a droga...
-Os detidos na operación Tabaiba están na rúa, reorganizándose.
-A sala que o acordou faríao con base á lei, iso non é un descrédito da Xustiza. Estamos nun Estado de dereito e non se pode privar a ninguén dos seus dereitos. A prisión provisional é restritiva da liberdade, e os xulgados poden adoptar decisións que a sociedade non entenda, pero a lei é a lei.
-Á sociedade tamén lle custa entender que se lles rebaixe a pena aos narcos.
-Os acordos das partes co Ministerio Fiscal son lexítimos, e os tribunais deben ratificalos de acordo coa lei. Non son estraños, son habituais no proceso penal. Rebáixase a pena porque se recoñecen os feitos e asúmense responsabilidades, e porque o permite a lei. E co Código Penal que vai entrar en vigor as leis van ser aínda máis brandas, pero as leis fanas os políticos, nós limitámonos a aplicalas, e os avogados, a defender os dereitos dos seus clientes.
-Cre que a longa tradición do narcotráfico en Arousa é só por cuestións xeográficas ou se converteu xa en algo cultural?
-Non é nada cultural. Fundamentalmente é por razóns xeográficas, e porque xa había unha infraestrutura que viña dos tempos do tabaco. Hai que ter en conta que as condicións das rías son inmellorables para ocultar os alixos, e que Galicia queda de camiño nas principais rutas a Europa. Tamén no sur hai clans especializados no haxix, pero non é por idiosincrasia. A xente, en xeral, ten outras aspiracións.

Ningún comentario: