29 de dec. de 2010

HOXE SON NOVA ASOREY E OS TRABALLADORES DO CONCELLO.

ASOREY TAMÉN TERÁ ESCULTURA

No pleno do Concello cambadés, presentouse a maqueta da escultura que se vai a elaborar con motivo do Ano do escultor cambadés Francisco Asorey. En moi poucos días Cambados entrará nunha nova celebración para homenaxear a un dos seus veciño máis ilustres, Francisco Asorey. No 2011 cúmprense cincuenta anos da súa morte e, al igual que se fixo con Cabanillas, o Concello por un  lado e como sempre sen contar cos demais e outras Asociacións por outro queren organizar un sinfín de actividades para dar a coñecer a obra e vida deste personaxe. A obra en tamaño real vaise a colocar nalgún lugar por concretar da localidade para o recordo dos veciños. Dende o logo o noso criterio o lugar onde debe ir sen lugar a dúbidas é Plaza que leva o seu nome en Fefiñans e donde esta un dos seus máis coñecidos munumentos "A Naiciña" ademais de estar o pe a súa casa natal.

 

A POLICIA LOCAL CAMBADESA EN PLENA FORMA.

Ao chegar o Nadal proliferan as ceas e comidas de compañeiros de traballo. Pero o deporte tamén pode ser unha boa escusa para pasar un intre xuntos e estreitar lazos. Así o pensou a Policía Local de Cambados, que organizou un torneo amigable de fútbol sala entre funcionarios e traballadores relacionados co concello. Os partidos xogáronse onte pola tarde no pavillón do instituto Ramón Cabanillas, e aínda que o resultado do cuadrangular era o de menos quedou patente que os policías municipais están en plena forma física, aínda que ao seu Xefe, Maximino Cid non o puidemos ver de curto.

Ningún comentario: