O PP de Cambados, non quere ser menos co BNG e tamén deu a coñecer os seus primeiros postos cara as vindeiras municipais, con bastantes sorpresas e novidades. No número 1 repite o actual al alcalde Luís Aragunde por expreso desexo do presidente de deputación o Sr. Louzán, xa que segundo a teoría do ribadumiense "mas vale pájaro en mano que ciento volando". De número 2 , o incrible Patrón Maior da Confraría de Cambados D. Benito Pelea, quen dende os seus comezos no BNG non deixou de escalar peldaños ata conseguir chegar o número dous da lista, din os achegados de Louzán que este tivo dubidas ata derradeira hora entre Luís e Benito para número 1. De número 3 a gran sorpresa, para contrarrestar o tirón de Chon, o presidente de Unha Grande Chea na lista do BNG, os populares levan na súa lista o secretario da devandita asociación o noso amigo Domin. De Nº 4 e para contrarrestar a lista socialista outra das grandes sorpresas , un industrial de diversos ramos que manexa como ninguén a economía e os números que esta nos amosa, o incombustible Pepe Daporta. De número 5, outra gran sorpresa a Presidenta da Protectora de Animais de Cambados non vaia ser que lle toque novamente a lotería e se lle ocorra desta vez donalos cartos a PP para sufragar os gastos da campaña y por último de número 6 e sacada do seu "castigo" pontevedrés a que tiña que ser alcaldesa pero que entre Luís e Tourís encargáronse que así non fora exiliando en Pontevedra, desta vez vai de número seis non vaia a ser que teñan outra sustitución, e xa se sabe as armas cargas o demo. Uns seis primeiros postos competitivos , santos algúns deles e inocentes outros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario