VOLANDEIRA CADA DIA ADQUIRE MAIS EXPERIENCIA
Onte podemos ver no Salón de Actos do I.E.S. Asorey un gran espectáculo a cargo dos grupos Xerifeiros de Carril, Asociación Cultural Dorna da Illa de Arousa, Mulleres Rurais de Travanca e a Asociación Obradoiro Volandeira. O salón de actos estaba ateigado de xente para ser este rexurdir dos nosos valores máis tradicionais do noso Nadal como son os “Cantos de Nadal e Reis”, todos os grupos raiaron a gran altura. Volandeira está a facer un grande traballo en Cambados, e cada vez o seu viveiro de rapaces aumenta, así como os dos maiores e onte puidémolo comprobar. A presentación do acto correu a cargo da tamén membro de Volandeira Adela. O final do acto Volandeira obsequiou os que quixeron quedarse a un chocolate con e outras larpeiradas, des que tamén gozamos. Parabéns Volandeira e a seguir nesta liña. Podes ver algunhas fotos do acto na columna da dereita, e si queres que colguemos as túas fotos non tes mais que enviárnolas o noso correo.
AS MARISCADORAS DE CAMBADOS CAMBADOS EN “CALLEJEROS” DE CUATRO.
Na pasada noiteboa o canal Cuatro emitiu un programa especial de Callejeros no que se repasaban diferentes xeitos de celebrar este día en varios puntos do estado español. Un deles era o dun grupo de mariscadoras de Cambados quen prepararon unha cea a base de empanada de zamburiñas e unha raia con patacas todo elo regado con viño de terra non faltando na cea as panxoliñas nin a música de Xoan Silva, Manso, Olegario, Monchiño Vieites, Blas Dominguez e Xosé Antonio Vilas. Podes ver o programa completo premendo AQUI e o tramo no que aparece Cambados empeza no minuto 13.00 dese vídeo.
Nova recollida de http://www.cambados.tk/
O ESTABLECEMENTO “CALLE REAL” GAÑA O PREMIO DE ESCAPARATISMO DE NADAL DE http://www.cambadosweb.net/
O establecemento de moda Cale Real de Cambados é o gañador do concurso de decoración do Nadal que convocara www.cambadosweb.net para estas datas. Rúa Real levou 33 votos conseguindo unha clara distancia sobre o segundo clasificado, o establecemento de complementos de moda Cousiñas con 11 votos, resultando outro establecemento de moda como é Ötzi o terceiro clasificado con 7 puntos.
O gañador do concurso leva unha campaña publicitaria na nosa web e canles. Teñen en Cambadosweb unha idea aproximada do que poden facer e nos próximos días contactarán cos responsables para exporlle esa idea, e acordar unha data para o seu lanzamento.
Este concurso tivo mellor desenvolvemento na web que no facebook, xusto ao contrario do que pensaban os organizadores, o que non deixa de resultar curioso e sorprendente á hora de volver realizar algo similar en futuras ocasións.
Nova recollida de http://www.cambadosweb.net/
Ningún comentario:
Publicar un comentario