25 de dec. de 2010

HOXE SON NOVA: volandeira, E.M. DE TEATRO, AS MARISCADORAS DE CAMBADOS, OLGA COSTA, GOGUE, MARIBEL IGLESIAS E O PSOE CAMBADÉS

VOLANDEIRA E A ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO DISPÚTANSE A TARDE DO DOMINGO

Outra falta de previsión da Concellalía de Cultura e polo tanto do noso Alcalde Luis Aragunde fai dividir a atención dos cambadeses na tarde de mañá domingo, por unha banda as 19 horas no I.E.S. Asorey de Cambados.temos o “CERTAME DE CANTOS DE NADAL E DE REIS” organizado pola Asociación Obradoiro Volandeira e por outra banda a estrea da obra “Esperando a Godot” no auditorio da Xuventude a cargo da Escola Municipal de Teatro, se houbera un pouco de prixión por parte do noso alcalde quizais poderiamos estar nos dous eventos como desexamos a mairio, deste xeito os cambadeses temos que decidir por un o outro evento.

AS MARISCADORAS DE CAMBADOS SOLICITAN FIRMAS PARA UNHA ASEMBLEA QUE LLE NEGA O PATRÓN MAIOR

Maria José Cacabelos, vicepresidenta das mariscadoras de
Cambados.
As mariscadoras de Cambados encabazadas pola súa vicepresidente Maria Xosé Cacabelos entregaron 140 firmas na confraría para esixir que se convoque unha asemblea na que se lles explique o proxecto para colocar unha comporta na zona do Saco de Fefiñáns. O colectivo recorda que o pasado 10 de xullo as consellerías de Mar e Medio Ambiente comprometéronse a darlles os detalles desta obra antes de que saíse a concurso. Mentras a Presidenta da Asociación Isabel Pérez, mostrase dacordo coas tesis de do Patrón Maior Benito Pelea ou o que é o mesmo do PP cambadés.
Afirman as mariscadoras que os traballos foron licitados a finais de novembro. Con todo, desde entón, ninguén se puxo en contacto con elas para darlles detalles do mesmo. Por iso agora recolleron firmas. Con elas esixen ao patrón maior da localidade, Benito González, que convoque unha asemblea para informar sobre este proxecto e que as mariscadoras poidan expresar a súa opinión e resolver todas as súas dúbidas.
Paralización do proxecto
O colectivo ecoloxista é outra das entidades que está en contra desta obra. Esta mesma semana remitiu unha serie de escritos a distintos departamentos para esixir a paralización do proceso de licitación. A asociación considera que as comportas provocarán a interrupción da dinámica de mareas nesta contorna e afectarán enormemente aos hábitats e especies que precisan da bajamar para vivir como, por exemplo, as marismas que cumpren un importante papel como depuradoras.

XESTO  DE SOLIEDARIDADE SEN PRECEDENTES DE OLGA COSTA
Olga costa co flamante coche.
Os cans abandonados de Cambados, agraciados coa Lotería de Nadal.
A presidenta do Refuxio de Animais doou o seu premio para comprar un coche.
Investiu 3.000 dos 5.000 euros en mellorar o transporte dos cans.
Olga acudiu a un concesionario e puxo o vehículo a nome da protectora.
A entidade levaba 10 días sen coche e non conseguía diñeiro para un novo.
“Xa non contaba con ese diñeiro”', polo que fixo un agasallo aos seus cans.
"Tomei, este é o meu premio, pero os premiados son os cans abandonados de Cambados (Pontevedra)". Esta puido ser perfectamente a frase que dixo Olga Costa cando o pasado 22 de decembro presentouse nun concesionario de coches da súa localidade con intención de doar aos cans que enchen as instalacións do Refuxio de Animais os 5.000 euros que lle acababan de tocar no Sorteo da Lotería de Nadal.
Olga Costa é a presidenta desta entidade solidaria, comprou un dos décimos do número 75869, quinto premio que deixou 600 billetes premiados con 5.000 euros na Administración de Barrantes (Ribadumia), e o mesmo día en que os bombos déronlle sorte demostrou que a súa implicación cos cans abandonados vai máis aló do que se podería imaxinar. Os motivos que lle levaron a tomar esta determinación tenos claros: "o día a día no refuxio, ver aos cans e saber que se necesitaba", relata.
Os colaboradores habituais do refuxio ata compraran un décimo da Lotería de Nadal para intentar que a sorte chamase á súa porta e poder comprar o coche. Olga Costa fixo o propio con outro número na mesma administración de lotería de Barrantes na que tocou o quinto premio para vender participacións e conseguir financiamento para o refuxio. Aos poucos días volveu e comprou unha para ela. Os primeiros billetes non levaron nin unha pedrea, pero ao refuxio tocoulle igual a lotería.
"Ese día ía no coche ao refuxio e escoitei que tocara un número acabado en 69”. Pensei: que ben, que recupero o que investín. Pero cheguei a casa da miña nai e xa vin que me tocou", explica.
Na súa familia apoiárona en todo momento. "O meu marido díxome que o que eu decidise estaría ben e a miña nai tamén. As miñas fillas ao final tamén me dixeron que si e paréceme unha forma de ensinarlles que é o que importa en realidade, que as cousas superfluas non dan a felicidade e que mentres haxa xente que o necesita á túa ao redor tes que darllo, non se pode pensar só nun mesmo", indicou.
"Estou súper contenta", relata a benefactora, "pero non por dar este diñeiro en concreto, senón porque se que se necesitaba. En realidade, durante os once anos que levo no refuxio gastei máis que estes 3.000 euros, puxen o meu tempo e moitas outras cousas, pero niso non quero pensar, só en que hai que facer algo bo con estes cans".
O xesto sen ser sen precedentes, tamén nos di a falta de actitude e preivisón do Concello de Cambados e por ende do seu Alcalde, quen posuidor de varios furgóns , ben neste tempo lle puido deixar un a Proctectora e dende logo darlle unha subvención maior a Protectora para mercar ún e non esperar que lle tocara a loteria.

FELICITACIÓNS DE NADAL


Gogue co video que podemos ver arriba felicitanos no Nadal e a profesora Maribel iglesias felicitanos tamén no Nadal cunha preciosa postal confeccionada polo pintor afincado en Cambados Eduardo Baamonde moi apropiada para o vindeiro ano 2011 declarado “ANO ASOREY”. Grazas a ambolos dous.


 
A XUNTA DESESTIMA, CONTRA OS CRITERIOS DESFAVORABLES DALGUNHAS INSTITUCIÓNS, FACER AVALACION DE IMPACTO AMBIENTAL NO TEMA DAS COMPORTAS DE TRAGOVE.

Este o texto completo( podelo ler premendo AQUÍ) para que poidades ver e interpretar segun o voso criterio, o que recolle e como certas institucións movense na ambiguidade de dicir que pensan que non seria preciso facelo, pero se o declaran que si hai que facelo, piden ter capítulos especificos para a súa materia ( paisaxe ou cultura por exemplo).
Tamén veredes como nas condicións específicas piden que se fagan unha serie de estudos, piden coordinación cos que teñen competencias neste tema e nese espazo, e falan tamén de estudiar, e comprobar coa axuda dos técnicos, o feito da regulación das comportas, así como as incidencias que terá e narra algunhas delas, sobre o medio no saco de fefiñáns. ainda que,de todas maneiras o circunscribe a incidencias temporais.
O que queda claro e que non está nada claro, nin sobre quen recaerán as competencias e as responsabilidades unha vez instaladas e postas a funcionar, si os estudos indican que pode facerse...da a imprensión que unha cousa e poñer as comportas, e vía decisión política fanno e listo, e outra moi diferente é sobre quen caerán os compromisos e as responsabilidades se algo sucede, se hai problemas ambientais etc...¿Será sobre o Concello? ¿Sobre a Confraría? tampouco queda claro cales van ser os técnicos que asesoren sobre o de abrir e pechar as comportas, nin tampouco de que institución ou organismo dependerán, quen emitirá os informes etc etc
POR FAVOR QUE ALGUÉN NOS CONTE ALGO, QUE ALGUÉN ASUMA O CONTROL DESTO E QUE ALGUÉN VEÑA COAS IDEAS CLARAS, CADA VEZ QUE SAE ALGO NOVO E PARA PEOR...
NOTA DO PSOE DE CAMBADOS.

Ningún comentario: