23 de dec. de 2010

HOXE SON NOVA: O BNG, www.cambadosweb.net, O BAR SANTA CRUZ, ZONA CENTRO, E "CASTELAO POR MEIS".

O BNG PRESENTOU OS SEIS PRIMEIROS POSTOS CARA AS MUNICPAIS DO 2011

Nº 1.-  Víctor Caamaño Rivas. Veciño de Cambados, traballa no ensino secundario (IES Asorey, onde foi director e xefe de estudos). É concelleiro e voceiro do BNG nesta lexislatura. É a súa segunda vez como candidato.
Milita en grupos ecoloxistas, foi vicepresidente do Colectivo Ecoloxista do Salnés e é autor de diferentes publicacións no ámbito da educación e da divulgación da ecoloxía e da natureza.
Nº 2.- María Xosé Cacabelos. Veciña de San Tomé. Tralla como mariscadora (vicepresidenta da Asociación de mariscadoras a pé) e é fundadora e presidenta da asociación Guimatur. É responsábel local do BNG e concelleira.
Nº 3.- Xaquín Charlín González (Chon). Veciño de Fefiñáns. É funcionario xudicial e Delegado da CIG Xustiza. Voceiro da plataforma Queremos Galego no Salnés, directivo do CJ Cambados, membro do Consello Escolar do IES Cabanillas, colaborador da Escola Municipal de Teatro e presidente da asociación Unha Grande Chea. Foi membro da Compañía Caracol de teatro e directivo fundador do Xuven.
Nº 4.- Ernesto Falcón Padín. Administrativo de profesión vencellado ao sector da construción. Foi vicepresidente da Sociedade Cultural e vinculado ao mundo do ciclismo. Foi vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo e desde o ano 1992 directivo da Federación Española de Ciclismo.
Nº 5.- Teresa Prado Cores. Veciña de Oubiña. Milita desde hai máis de vinte anos no Bloque Nacionalista Galego e actualmente é vicerresponsábel local. Colaboradora de diversas asociacións na parroquia, actualmente directiva na Asociación de Veciños de Oubiña.
Nº 6.- Josefina Cores Oubiña. Veciña de Vilariño. Traballa como Directora Comercial dunha compañía de seguros. Colabora en diferentes labores asociativos, é secretaria da Asociación de Veciños de Santa María de Besomaño e da Asociación Músico-Cultural de Ribadumia.
Nova e foto recollidad de http://www.cambados.tk/  

www.cambadosweb.net CUMPREN TRES ANOS

Isma Chaves e asua inseparable cámara.
Estos días cumpren 3 anos os de Cambados Web sendo a súa “alma mater” Ismael, e o seu cuarto ano na rede. Como é habitual é a hora de facer un resumo anual do que supuxo en números para eles este ano.
Este ano recibiron 33.148 visitantes, dos cales 24.449 son visitantes únicos (visitantes cuxa IP é rexistrada unha vez cada 24 horas na nosa web).
O mes que máis visitas tiveron foi Xullo con 5.077 visitates únicos.
O dia que máis visitas rexistraron foi o 30 de Xullo con 391 visitantes únicos. (Nótase o tirón do albariño)
Para eles son grandes números, para unha páxina modesta como Cambados Web. Un hobby que lles ocupa tempo, posiblemente o tempo dedicado sería o número máis importante dos que destacan na súa web, pero que non hai forma de calcular.
Eles tan só buscan que algún de nos poida atopar comodamente información sobre espectáculos próximos, que se sorprenderon con algunha das suas curiosidades, que poidan descubrir algún novo grupo musical que non conocian e que lles gustou, que lles gustaron tamén algunha das frases que publican, mellor se algunha lles fixo pensar, pero sobre todo esperan que se riran nalgunha ocasión coneles, porque non hai nada como a risa, nada que sexa tan gratificante e tan barato. Neso estamos dacordo, a este texto sacado practicamente enteiro da sua web nos engadimos que están a facer unha labor moi importante na rede, que xa un mais neste universo cambadés, moitas felicidades de parte dos de U.H.CH. e que cumplades moitos mais.



FESTA DE NADAL NO BAR SANTA CRUZ DE CASTRELO

Mañá día 24 de Decembro a partires das 0.30 horas no Bar Santa Cruz de Castrelo-Cambados, terá lugar unha gran festa con musica house, merengue e salsa, con catro DJs invitados, podes ecoitar a mellor m´suica con temas moi actuais e de moito éxito nestre intre ata pasar polos vellos recordos, haberá moi bo ambiente e xente con gañas de pasalo ben.





FESTA INFANTIL DE ZONA CENTRO
Mañá dia 24 de decembro, dia de noiteboa e partir das 16.30 horas na Praza do Concello e organizado por Zona Centro, gran festa infantil con hinchables e xogos para nenos.



PRESENTADO UN NOVO LIBRO: “CASTELAO POR MEIS. AMIZADE E COMPROMISO”

Recomendamos ler o novo traballo de Mario Gallego Rei sobre Castelao e Meis. Os de Meis aproveitan as vacacións do nadal para coñecer ainda máis a historia do seu concello e en concreto a dos anos 30 do século pasado. A sociedade de Meis, o patrimonio, Manuel Pesqueira, Valle-Inclán, Santo Ero, o Partido Galeguista de Meis, o mosteiro da Armenteira, os cruceiros…todo isto e máis é tratado por Mario Gallego neste traballo. É un avanzo do que proximamente terán os veciños e veciñas de Meis sobre a historia do seu pobo da primeira metade do século XX e do que Mario é un dos seus autores.

Ningún comentario: