Maña as 16.30 horas nos locais do BNG de Cambados, vai ter lugar unha rolda de prensa presidida por Victor Caamaño na que vai dar a coñecer os sesi primeiros postos da candidatura que se vai presentar as vindeiras eleccións municipais do vindeiro mes de maio. Só por deferencia os lectores deste espazo web imos descubrir quen é un deses seis primeiros postos, concretamente no número tres vai ir o presidente da nosa asociación Xaquin Charlín González "Chon".
Xaquin Charlín Gonzalez "Chon" naceu o 8 de xullo de 1957 en Triana - Cambados. É funcionario de xustiza dende o ano 1979, desenrrolado a súa labor no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción Nº 1 de Cambados. Leva 20 anos como membro da Xunta de Personal de Xustiza da Provincia de Pontevedra elexido dentro das filas da CIG organización da que é militante. Foi directivo en varias etapas do Club Juventud Cambados e continua a selo na actualidade. Directivo fundador do Club Xuventude de Baloncesto. É voceiro da plataforma "Queremos Galego" para o Salnés. Foi membro de Teatro Caracol e da Escola Municipoal de Teatro. Fundador e Presidente actual da Asociación Cultural e Deportiva Unha Gande Chea. Membro do Consello Escolar do I.E.S. Ramón Cabanillas, Irmandiño da Irmandade Xurídica Galega, Promotor das movilizacións co obxectivo de conseguir para Cambados os xulgados Nº 3 e Nº 4. Esta casado e ten dous fillos.
Seguramente despertara fibias e fobias pero el mesmo dará as súas razóns neste mesma páxina en breve.
Ningún comentario:
Publicar un comentario