21 de dec. de 2010

SON NOTICIA EDUARDO APARIZ, OS NENOS DE ESPERANZA SALNÉS, UN CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E IAGO PILLADO

O PRESTIXIOSO FOTOGRAFO EDUARDO APARIZ EXPÓN NO PAZO DE TORRADO.

O afamado fotógrafo Eduardo Apariz, con estudio na Rúa Hospital de Cambados, vai expoñer no Pazo de Torrado de Cambados, dende 23 de Decembro o 9 de Xaneiro. A exposición titulase “In Memorian” e ven a ser unha homenaxe os nosos maiores que por circunstancias diversas atopanse no Asilo de Cambados. A exposición pódese visitar de martes a domingo de 16.30 a 19.30 horas, e consta de 12 expectaculares fotografías realizadas realizadas a doce mulleres actualmente internadas no Asilo de Cambados. As fotografias dn tamaño considerable expresan a tristura, a ledicia, a esperanza, a evasión, a incredulidade en fin unha serie de cousas que paga a pena ver . Apariz é un fotografo que se deu a coñocer precisamente tamén nun acto benefico como foi o calendario de espidos "Tende unha man" a beneficio Asociación de nnos despacitados Esperanza Salnés, e dende ahí a súa carreira ascendente non para e como ben di o slogan que nos lle puxemos no enlace a súa páxina web que podes ver arriba a esquerda Apariz é "a fotografía feita arte".



CHEGAR A VELLO
Se se levasen o medo e deixásennos o bailado
para enfrontar o presente, se se chegase adestrado
e con ánimos suficientes, e logo de dalo todo,
en xusta correspondencia, todo estivese pagado,
e o carné de xubilado abrise todas as portas,
quizais chegar a vello seria máis levadío,
máis confortable, máis duradeiro,
se o onte non se esquecese tan aprisa,
se tivese máis coidado onde pisan,
se se vivise entre amigos que, polo menos,
de cando en vez pasasen unha pelota,
se o cansazo e a derrota non soubesen tan amargo,
se fosen pondo luz no camiño,
a medida que o corazón acovárdase,
e os anxos da garda desen sinais de vida…
…sería mais razoable, máis apreciable, mais transitable,
se a experiencia fose un grao,
se non se chegase orfo a ese grolo,
se tivese máis vantaxes e menos incovintes,
se a ánima apaixonásese, o corpo se alborotase
e as pernas respondesen, e do pedazo do ceo
reservado para canto toca entregar o equipo
repartisen anticipos aos máis necesitados…
…seria todo un progreso,
un bo remate o final cun bico,
en lugar de amontoalos na historia
convertidos en pantasmas con memoria,
se non estivese tan escuro ao virar a esquina,
ou simplemente se todos entendésemos que todos
LEVAMOS UN VELLO ENCIMA.

JOAN MANUEL SERRAT.

OS NENOS DE ESPERANZA SALNÉS VOLVEN A REPRESENTATAR “NOSO POBO É FERMOSO”

Mañá as 17.30 horas no I.E.S. Asorey de Cambados os nenos de Esperanza Salnés dirixidos por Olga González e axudados por monitoros e diversos voluntarios van a proceder novamente a representación da obra “O noso pobo é fermoso”. Lembremos que que esta obra ven de acadar o primeiro premio de videos para discapacitados outorgado pola Dirección Xeral de Trafico, sendo premiada con 8.000 euros.

BOLSA FOTOGRÁFICA MUSEO DO MAR

Foto: Eduardo Apariz
O Museo do Mar e o Centro de Estudos Fotográficos abre a convocatoria da III Bolsa de Creación Fotográfica: O Mar. O obxectivo deste concurso é ofrecer aos novos autores a posibilidade de elaborar un proxecto propio relacionado co mar galego.
O gañador, que deberá ser menor de 35 anos, recibirá como premio unha bolsa cunha dotación de 3.000 euros para a realización do seu traballo fotográfico. Os interesados en participar poden acceder ás bases na web museodomar.com.
O traballo resultado do proxecto gañador da edición pasada, a de Xosé Anxo Fontela Chas, inaugurase hoxe no museo de Alcabre. “Conservar a Memoria” mostra nas corenta fotos que compoñen a exposición e fai un percorrido polas fábricas de conserva e salazón, a maioría agora en ruínas, construídas a beira do mar galego entre os séculos XIX e XX.
Data límite 8 marzo 2011
A documentación entregarase nas oficinas do Meseo do mar: Av Atlántida 160 – Vigo.

IAGO PILLADO NON DESMAIA NA PEANALIZACIÓN DA PRAZA DE FEFIÑANS

Logo dun tempo parado, Iago Pillado volve a darlle un novo pulo a esta iniciativa. Desgrazadamente, a páxina onde se recollían as sinaturas foi inhabilitada; agradeceríanos Iago, que vos pasásedes pola nova para deixar constancia do voso apoio:
Ademáis incorpora un interesante e aleccionador  artigo sobre a función da praza coma mercado de Cambados durante os séculos XVI e XVII obra de Ernesto Losada, que podes ler e descargar aquí:
A ver se entre todos conseguimos solucionar esta situación.

Ningún comentario: