VOLANDEIRA A ESCENA
ÉXITO TOTAL DE FEDRA
O MOZO POETA CAMBADÉS RAMÓN NOGUEIRA, PREMIADO POR RETRANCA.
Como di o propio Ramón Nogueira no seu Blog, que mellor forma para celebrar un ano de “Berros dende o Alén” que recoñecendo a súa labor pola poesía, dun xeito tan doce como a recollida dun premio. A entrega do premio tivo lugar o sábado pasado ás 19 horas nos locais municipais da Merced tamén foron premiados outros mozos noutros eidos como o deporte, solidariedade, e música. O que non entendemos é como unha organización nacida no propio seo do PP cambadés contraprograma os actos de propio concello, pois a mesma hora no Auditorio Municipal estabase a representar Fedra, e sabiamos do interese do propio Ramón Nogueira por asistir a obra de teatro no que participaba a súa amiga Mariña Costa, pero como Ramón, a pesar de ter moitas virtudes, polo de agora non ten o don da ubicuidade, non puido asistir a ver “El amor de Fedra”. Recabamos información dos demais premiados á propia Asociación Xuvenil Retranca e estamos a espera de recibila.
504 DE VOLTA EN BREVE
Vai ver á luz en breve o seu derradeiro e novo traballo, con diferente forma e contido. Dous temas que serven como un elo entre o seu traballo anterior, 504 LP e o vindeiro traballo que están a preparar. As letras foron feitas por Kotto, Peich, Bad e Dida. Ámbalas dúas pistas foron producidas por Paul Vee. Dj Dj Cro Webo nos pratos. As cancións foron gravadas na Edisca, misturados por Yves Tsombolay (Sr.Tcee, VKR) en A Soundtrackteam (Madrid). A artework será proporcionada por Glock D & Fabio Cundines. Irannos avanzando toda a información. Estade atentos a http://www.cincocerocuatro.es/ e tamén as varias páxinas do grupo nos principais redes sociais (Facebook, Tuenti, Twitter, MySpace ...) Para quen non os coñece, poden baixar LP 504, o noso máis recente álbum de balde www.hhgroups.com/maqueta-13279/504-504-LP/ aquí ou visita http://www.cincocerocuatro.es/ o seu sitio web onde podes obter toda a información sobre o grupo.O PSOE DE CAMBADOS ESIXE QUE ALGUÉN POÑA LUZ NO CAOS QUE ESTÁN MONTANDO ENTRE CONCELLO E XUNTA NO TEMA DAS COMPORTAS
O PSOE de Cambados coñece que por Resolución do 22 de Outubro de 2010 a Secretaria Xeral de Calidade da Avaliación Ambiental, adopta a decisión de non someter a avaliación de impacto ambiental o proxecto das comportas.Varios dos informes que respostaron á consulta efectuada pola Xunta, tanto da mesma Xunta e do Estado recomendan que se faga a avaliación de impacto, pero a Xunta non os acepta e toma unha decisión política.
Nas condicións específicas se fala de facer estudios para regular o adecuado réxime de explotación das comportas ¿Qué pasa se os estudios din que non se deben pechar as comportas despois de gastar medio millón de euros nelas? ¿quen asumirá as responsabilidades?
Os Socialistas Cambadeses queren chamar a atención no referido a que dos informes solicitados, a Direccion xeral de Ordenación e Xestión dos recursos mariños di que é recomendable que se faga o trámite de avaliación ambiental; a Dirección General de sostenibilidad de la Costa , di que o proxecto debe reconsiderarse, completarse e someterse ó procedemento regrado de avaliación de impacto; A Dirección xeral de Sostenibilidade e Paisaxe, di que non ten incidencia significativa, pero no caso de que se decida someterse a avaliación de impacto, deberá realizarse un documento específico de impacto e integración paisaxística e indica os contados que debería incorporar o estudio. A Confraría San Antonio de Cambados, di que controlarán as comportas en función das súas necesidades, abríndoas e pechándoas según asesoramento técnico.
No informe recollen características do potencial impacto e di que poderían causar afección as comunidades biolóxicas do estuario por ruidos, vibracións, turbidez etc. Asimesmo, a posta en funcionamento conlevará cambios das condicións actuais de inundación e de gradiente térmico e salinidade. Tamén recolle que no que respecta ós impactos sobre a dinámica litoral e de marea, levaranse a cabo os estudos complementarios coa finalidade de definir e comprobar o réxime de explotación da comporta
Domingo Tabuyo considera que se empeza a casa polo tellado cando se autoriza unha cousa que se descoñece o nivel de afectación que vai producir e iso mesmo recollen as Condicións Específicas onde se dí: Levaranse a cabo todos os estudos, mostraxes e simulacións previas que sexan necesarias así como os que determina a lexislación vixente de aplicación, encamiñados a establecer o adecuado réxime de explotación da comporta.
Tamén recolle: recoméndase consensuar cos distintos organismos con competencias nas diferentes materias, o réxime de funcionamento da comporta así como as medidas protectoras e correctoras que sexa necesario adoptar e o plan de seguimento ambiental previsto tanto para a fase de obras como para a de explotación.
Tabuyo se pregunta como é posible que se gasten 500.000 euros nun proxecto sen ter realizados os estudios que reclaman nas condicións específicas. E inda por riba pide consensuar coa Direccion Xeral de Ordeación dos Recursos Mariños, Dirección xeral de Patrimonio Cultural; Dirección General de Sostenibilidad de la Costa, del Estado, con competencias no asunto, o réxime de funcionamento da comporta… ¿E se esos estudios din que non se deben pechar as comportas? Ou ¿se os organismos con competencias din que non autorizan o peche? Daquela, ¿Vai asumir alguén a responsabilidade de ter tirado medio millón de euros á basura?
Tamén, indica o Portavoz e Deputado Socialista, habería que preguntarse quen vai a ser o Organismo Xestor desa resolución ¿A confraría? Estos din que abrirán ou pecharán con asesoramento técnico ¿de quén? Outros din que haberá que facer estudios…¿En que quedamos? ¿Alguén ten algo claro en todo este proceso? Canto mais avanzamos máis se lavan as mans os distintos organismos…
O PSOE de Cambados esixe que alguén poña luz no caos que están montando entre Concello e Xunta no tema das comportas e sobre todo na explotación e xestión posterior, que é onde todos se quitan do medio ¿Por qué será?
NOTA FACILITADA POLO COMITE LOCAL DO PSOE DE CAMBADOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario