TEATRO: “EL AMOR DE FEDRA” MAÑÁ AS 19 HORAS NA XUVENTUDE
PRESENTACIÓN DE SINATURAS CONTRA DA POUSADA
Mañá as 11,30 o coordinaradora “Contra Pousada da Lanzada”entregaran copia das firmas recollidas contra a Pousada no Concello de O Grove, está avisada a prensa, farán unha concentración coa pancarta alí mesmo, polo cal contan con vos e con todos que poidades avisar. O malo de todo isto é que o ínclito Sr. Louzán parece non estar pola labor e como sempre, e como se dun elefante entrando nunha cacharreira se tratara e cos seus aires fascistoides coidamos que vai seguir adiante co seu proxecto ignorando o pobo de O Grove.O I.E.S ASOREY ACAPARA PROTAGONISMO NO ANO CABANILLAS
O instituto Francisco Asorey de Cambados non vai deixar pasar a oportunidade de homenaxear ao grande ao escultor que lle presta o nome ao centro. O ano próximo cúmprense 50 anos da morte do artista, e o Concello declarou o 2011 "Ano do escultor cambadés Francisco Asorey". Unha das actividades previstas é unha exposición no vestíbulo do instituto con material fotográfico e ata algunha obra orixinal de Asorey. A mostra está aberta entre marzo e abril.
O centro educativo tamén prevé gravar e montar un vídeo con entrevistas a persoas próximas a Asorey, como o seu fillo, antigos colaboradores seus e outros artistas. O instituto indicou onte nunha comparecencia ante os medios de comunicación que están xestionando a colaboración da televisión autonómica con este proxecto.
En terceiro lugar, profesores e alumnos pretenden configurar un enlace á páxina web do instituto, que funcione como un museo virtual da obra do artista cambadés, un dos escultores máis importantes de todo o século XX. O portal web estará dispoñible en varios idiomas.
UN ROTEIRO
Outra das actividades que persegue o centro é a creación dun "Roteiro Asorey", onde se localicen e expliquen as obras do artista, que se atopan dispersas por algunhas das principais cidades e vilas de Galicia. O Roteiro tamén estará dispoñible en varias linguas, e inicialmente poderá consultarse na web, aínda que o centro quere buscar financiamento para realizar tamén unha edición en papel.
Finalmente, o centro desexa organizar algunha conferencia ou mesa redonda sobre a vida e a obra de Asorey. Neste centro traballan dúas profesoras cun profundo coñecemento do creador de "A Naiciña", como son Adela Leiro “que estivo detrás da gran exposición que se fixo sobre Asorey en Cambados fai 25 anos” ou Maribel Iglesias, que está ultimando na actualidade un completo libro sobre o artista.
Así mesmo, xa están en funcionamento dous blogs con información sobre o homenaxeado e para a colaboración con outros centros educativos de Cambados. Son "pacoasorey.blogspot.com" e " blogs.prensaescuela.e/proxectoasorey/ ".
O instituto, que na actualidade está dirixido por José Rivera Rodríguez, tamén foi moi activo coa celebración do Ano Cabanillas. Os docentes do centro cambadés sinalan que a participación dos estudantes vai ser moi intensa durante todo o 2011, pois serán os protagonistas das actividades.
Ningún comentario:
Publicar un comentario