16 de dec. de 2010

NOVAS DO DIA 16/12/2010

NOITE DE CÓCTEL NA RIBEIRA DE FEFIÑANS


O vindeiro sábado sobre das nove da noite aproximadamente, haberá unha especie de espectáculo hostaleiro, Baixo a tutela da xenebra NORDIC BLUE na Ribeira de Fefiñans, un especialista no tema confeccionara catro cocteis diferentes que lle dará a proba o publico asistente. Aragunde invítanos a todos a asistir e a probar un deses cocteis no seu magnifico local que é referente a hora de viños tanto en Fefiñans como en Cambados. Aquí celébranse as famosas catas do xoves as cales un dia adicarémoslle unha reportaxe.

ALBA ROMERO E A SÚA POSTAL

Un debuxo das ruínas de Santa Mariña Dozo, coa súa torre e o seu esqueleto de arcos, co portal de Belén ao fondo, será o que ilustre os carteis de actividades de Nadal do Concello de Cambados, e as 4.000 cartóns de felicitación que o concello e a asociación de comerciantes Zona Centro repartirán entre os veciños. A ilustración é de Alba Romero Fernández, unha nena que estuda no colexio de San Tome. A entrega de premios foi onte pola mañá no salón de plenos da casa consistorial, e acudiron ducias de nenos ao acto.

Ningún comentario: