15 de dec. de 2010

NOVAS DO DIA 15/12/2010

FESTA DESPEDIDA DO HOTEL BAR CRUCEIRO DE CASTRELO

Despois de moitos anos, os propietarios do Hotel Cruceiro site en Castrelo no cruce que vai para o Facho, deixan o negocio donde tantas festas, encontros ,partidas , borracheras, discusions, campeonatos, risas... en difinitiva, millons de momentos!!! pasaron sobre todo os de Castrelo e alí vanse xuntar o vindeiro 24 de Decembro a partir das 18 horas todos para darlles a Mariví e Servando, unha calurosisíma despedida, contan co presenza de toda a parroquia e a de todos vos!!! Realmente merecenno.

DEVIRTETE E CREA: "CREA O TEU BELEN"

O vindeiro venres 17 de Decembro ás 17 horas a innovadora e xenuina Nicolette no seu negocio da Praza Clemencio Fernández Pulido o lado do Inem e dos xulgados invitanos a que os nosos nenos fagan o seu Belén eles mesmos mentras os mayores fan as súas compras, así de 17 a 18 horas está adicado a nenos de 3 a 7 anos e de 18.30 horas a 19.30 horas de 7 a 12 anos, un xeito distinto de entrever os rapazos adecudado para estas festas que imos vivivir.

GRAZAS A INMA MACU

Este é nome que se da a coñecer no Facebook a nosa amiga Inma, quen fixo unha árbore de Nadal e tivo a deferencia de lembrarse de nos colocando o noso escudo nunha das bolas da devandita árbore, grazas por acordarte de nos e que teñades saude e paz ti e todos os nosos amigos nestas festas e en todo ano.



VENTA DE DISCO DOS CAMBADESES DE WHISKYPEDIA


O Grupo formado por Arka, Palak y Lexiko estanse a promocinar a súa maneira, por medio deste fotovideo na rede, donde podes escoitar varios cortes das cancións que son as seguintes: 01.Intropecista, 02.Kabrones, 03.Yo soy, 04.Whiskypedia, 05.El loco soy yo, 06.Sol y luna., 07.Toca sufrir, 08.Street Fighters, 09.Volando por un sueño, 10.Venus, 11.Pero soy feliz, 12.He tenido un sueño, 13.Todo fluye
Fanse chamar "Whiskypedia" e no Nadal poderas mercar copias físicas do disco por 3 euros. A verdade é que mola mogollón e as letras son moi boas. Animadevos a mercalo, preguntar no I.E.S. Asorey.

PERSECUCIÓN DE CALLÓN E DO GALEGO.

Continúa a criminalización da defensa pública e firme do galego. Vímolo hai meses cando comezaron a bater de forma implacábel contra A Mesa. Recordámolo hai pouco cando a demagoxia se estendeu tamén con todos os excesos ao encomiábel labor dos equipos de normalización lingüística. Constatámolo máis unha vez cando o xuíz decano da Coruña, Fraga Mandián, volve a denunciar a Callón porque, como presidente da Mesa, lle afeou as palabras "Yo no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad de La Coruña", que saíron postas na súa boca en varios medios de comunicación.
Estes dias tivo que comparecer por ese motivo nos Xulgados de Fontiñas de Santiago de Compostela. A Mesa convocou unha concentración simbólica para as 10.30 h, para deixarmos constancia de que queremos unha xustiza que respeite os nosos dereitos lingüísticos e que non criminalice a nosa lexítima (e legal!) defensa do idioma de Galiza.
INTERESANTE ENTREVISTA A RAMÓN GALIÑANES.
Galiñanes é un "xove" mariñeiro de San Tomé-Cambados de 90 anos,, que a través da entrevista realizada por Laura Santos, alumna do IES Asorey, repasa a súa vida e os cambios dos que foi testemuña ao longo dos máis de 90 anos de experiencia, tanto na súa profesión, a pesca e o mundo do mar, como nos modos de vida.

Ningún comentario: