Ramón e Javier rexentan o Rif |
O Rif é un deses locais de Cambados os que paga a pena visitar, é un pub dinámico, tranquilo, con bo rollo, os pais sabemos que cando os nosos rapaces están no Rif o pior que lle pode pasar e que veñan con magulladuras porque a veces non se cabe no local sobre todo cando promocionan a artistas de Cambados ou de localidades limítrofes, e non digamos cando son vacas sagradas como Paco Charlín (como dignifica o noso apelido este home) ou Isi Vaamonde.
O Rif-Rock cumpre mañá 12 anos. E o domingo conmemóranse 40 da prematura morte de Jim Morrison. Ambas as efemérides fúndense nunha festa que se celebra o sábado pola noite no pub de Cambados, e na que tres músicos interpretarán varios temas dos míticos Doors. O Rif converteuse nun dos locais máis emblemáticos da movida cambadesa, e nun dos que máis concertos programa ao cabo do ano. PARABÉNS AMIGOS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario