4 de set. de 2011

UNHA GUIA DE LUXO CON PUBLICO DE LUXO. BROCHE DE OURO ADORNADO CUN DIAMANTE Á EXPOSICIÓN DE ASOREY

Maribel Iglesias, neira vilas e
Moncho Argibay

O sábado os que foron a Torrado no acto organizado por Candea tiveron a inmensa sorte de facer unha visita guiada por Maribel Iglesias á exposición de Asorey. As explicacións e comentarios de Maribel acercáronnos un pouco máis á obra e figura deste espléndido artista cambadés de nacimento . Despois da visita pública, o escritor Neira Vilas, firmou libros a cantos llo pediron, para despois ver a exposición, tamén guiada por Maribel Iglesias, a quen hai que agradecer o esforzo e adicación de explicar, dunha maneira didáctica, desinteresada e comprensible, a obra de Asorey nesta segunda exposición cambadesa. Un broche de ouro posto por Maribel “adornado cun diamente” representado por Neira Vilas.
Texto e foto: Manolo Pillado.

2 comentarios:

Maribel Iglesias dixo...

xa que non teño avoa dá gusto ter bos amigos, saúdos

Maribel Iglesias dixo...

xa que non teño avoa, dá gusto ter bos amigos, saúdos