30 de nov. de 2011

O CAMBADÉS ALBERTO DOMINGUEZ FAI UN FENOMENOMAL, DIVERTIDO E INTERESANTE PROGRAMA DE RADIO EN ARANJUEZ

Alberto no centro, na compaña do
seu pai e o seu irman.

O cambadés Alberto Dominguez Pedreira estudante no Centro de Estudos Superiores Felipe II de Aranjuez dependente da Unidad Completense de Madrid, está a realizar todos as tardes dos mercores de 16 a 17 horas en RADIO IMAGONO  un programa de radio  que se chama “Babuinas Tardes” na compaña doutros estudantes  dentro do proxecto educativo da propia universidade chamado Imagono. Segundo o propia páxina de facebook co mesmo nome do programa, este trátase  de “Monos, ......

monos e máis monos, básicamente de humor monil, todo o que se lle pode pasar a un babuino pola cabeza quedará plasmado neste programa”. O programa é moi bo pois básicamente  conta con seccións como bromas telefonicas, novas locas, chamadas en directo, e temas varios. Aparte de Alberto forman a plantilla do programa David Palacios, Iago Cerezuela e Adrián Pazos, para escoitar os seus podcats tes que dirixirte a seguinte páxina: http://www.ivoox.com/podcast-babuinas-tardes-radio-imagono_sq_f117192_1.html . O programa está aberto a calqueira suxerencia. E tamen teñen o seu propio blog. http://babuinas-tardes.blogspot.com/
O "moniño" de Alberto nos brazas da súa nai, nun antroido
cambadés.
Nin que decir ten que en Cambados todos coñecemos ó polifacetico Alberto Dominguez, gran animador “leiriante”, promotor dos enfrontamentos contra Palas de Xuga, cantante, futbolista, membro dos “Comepipas” etc. De caste lle ven o galgo pois é fillo dunha parella de artistas “Maria” José Pedreira Ortigueira, mestre e actriz afeccionada e o inigualabel Dominguez, mestre e “saltinbamqui maior do reino”, sen esquecer o seu irman Jacobo cronista oficioso da vila de Cambados. Como vedes toda unha familia que gosta da cultura. Na columna da esquerda tes un enlace directo ó programa de radio se oqueres oir o mesmo día que se emite.



Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.


1 comentario:

David Palacios Rodríguez dixo...

Desde el programa de Babuinas Tardes especialmente desde mi nombre (Palacios) te damos las gracias por este articulo, no tengo ni puta idea de gallego pero el gran Domi se esta encargando de solucionar ese problema :P GRACIAS Y GRAN BLOG!