19 de dec. de 2011

CAMBADOS WEB CUMPRE CATRO ANOS. PARABÉNS.

Cambados Web cumpre 4 anos, e tocalle  facer unha avaliación do que foi este ano 2011.
Este ano recibiron 51.238 visitantes (18.090 máis que o pasado ano), dos cales 38.776 son visitantes únicos (visitantes cuxa IP é rexistrada unha vez cada 24 horas na nosa web) (14.326 máis que o ano anterior).


Xullo volve ser o mes con máis visitas recibidas, 8.739 vivitas das cales 7.086 foron visitantes únicos.

"A ti meu Cambados" (Chon) e "Cambados Web"
Ismael, compiten en boa lide na rede.
Este ano incorporáronse como colaboradores a Cambados Web Sara,Ángel, Merchy e Orballo, que deron un toque de frescura e calidade á web, (algo que lle facía falta). Unha gran parte destes bos números é grazas a eles.
Por último quere agradecer aos que os visitan dende o primeiro día, aos que se pasan de cando en vez, aos novos que os encontraron este ano, e aos que dende os países afastados os visitan a diario, imaxinan  que para saber un pouco do que pasa na súa terra ou na terra dos seus avós.
Tamén queren agradecer aos que con palabras os animan a seguir co que fan, aos que se molestan en facer un comentario, e aos que non sempre están de acordo coas suas opinións pero non obstante non deixan de visitalos por iso.
Queren seguir crecendo e esperan que o próximo ano sexan capaces de facelo. Se é así, será grazas a todos os que os visitan.
Dende “A ti Meu Cambados” os nosos parabéns e nosa admiración por esta páxina e como esto xa se vai alongando no tempo e Cambados empeza a ser moi prolífico en este tipo de páxinas  e hora de ir pensando nunha asociación de paxinas web ou blogs cambadeses, para cambiar impresións e mirar polos nosos dereitos non sei que vos parecerá pero ahí queda o reto.
    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

1 comentario:

es lo mismo dixo...

Moitas grazas Chon, si me das a escoller casi prefiero que me fagas unha montaxe das tuas na foto (con peluca e sombreiro xd) porque mira que nesta estou mal, claro despois de sufrir na carreira, jajaj

Unha aperta (e a ver si blogger me deixa por o comentario, que algunhas veces que quero facelo dame problemas)