24 de feb. de 2012

INCOMPRENSIBLEMENTE O PP APROBA A SUBIDA DO IBI, UN IMPOSTO ABUSIVO PARA OS CIDADÁNS. O BNG CONSEGUE QUE O PP VOTE A PROL DO PROXECTO DE CANCEIRA

Aragunde con mais morro
que nunbca, ríndose dos
cambadeses

Menos mal que está a oposición para facer os plenos un pouco animados, e facer traballar tanto o asesor de Prensa como o Asesor xurídico preparando os informes que logo lee o concelleiro do PP de quenda ou o propio alcalde.  Está claro que a intención primeira do PP e viciar de contido os Plenos poñendo asuntos  ou que non teñen mais remedio que ir o pleno ou asuntos carentes de importancia ou pouco interesantes.  Onte no orde do dia do Pleno aparte da anódina lectura e aprobación da acta anterior estaban temas como a aprobación do expediente de crédito extraordinario 1/2012 financiado mediante baixas por anulación, e dicir o PP ten unha serie de prazas que non existen pero orzaméntanse e logo colle os 
cartos desas prazas para inverter en chorradas ou pagar soldos de enchufados.  Outro tema  era o expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos 1/2012, mais do mesmo, de feito os dos temas votáronse conxuntamente aprobados polo "RODILLO" ignoto do PP e rexeitados pola oposición. No cuarto punto do arde do día douse conte dos informes de intervención e tesourería relativos ao cumprimento do disposto na lei 15/2010 pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operación comerciais, un verdadeiro tirón de orella o grupo popular por parte de interventora e algunhas partidas raian a ilegalidade. 
Ol ga Costa 

Despois viñeron os puntos fortes da orde do día  unha moción do BNG para que o pleno dera todo o apoio para que a Protectora de Animais de Cambados xestione a canceira comarcal despois dunha exposición de Vítor Caamaño recollendo todos os argumentos da Protectora, tanto a edil Ana Isabel Oubiña como o Alcalde cargaron as tintas contra este blog porque unha pequena discrepancia con Olga Costa  que se solucionou telefónicamente e amistosamente.  


Carlos Alonso representante da protectora no Pleno.
Está claro que este blog e lido no concello e polo que vexo con moita atención. O importante é que o BNG conseguiu unir a todos os grupos políticos da corporación incluído o PP e solicitar da Deputación que se teña en conta a Protectora de animais de Cambados para xestionar a canceira comarcal. Aragunde empezou a divagar si eles apoian moito a canceira , que lle axudaron a esto , o outro, e pregúntome eu, axudaron a canceira cos cartos de Luís ou cos cartos de todos os cambadeses porque polo que falaba parece que os cartos os poñía el e non os cambadeses cos seus impostos.
Respecto o IBI, escandaloso a votación o PP avala cos seus votos a subida do IBI e mais facendo unha defensa a ultranza  da subida que lle pode supoñer a cada cambadés entre 30 e 40 euros por edificación que engadida a subida de impostos de decembro seguen a masacrar os cambadeses a impostos. Patética a defensa feita polo concelleiro do Partido Popular Sr. Pomares, e o que aínda é mais patético e a defensa que fixo o alcalde da subida despois de dicir na Voz de Galicia en octubre pasado que baixo ningún concepto subiría este imposto, unha vez mais Aragunde  volvelle a mentir os cambadeses. PSOE e BNG votaron a favor da moción presentada polos nacionalistas.
Despois tamén houbo unha moción do PSOE sobre consolidación e ampliación da renda básica de emancipación  dos xoves que foi rexeitada trala argumentación do voceiro do PP “del que no me acuerdo de su nombre”  en castelán por suposto así como o Sr. Pomares.  Non sabemos canto tempo lle van a estar a botar a culpa do mal goberno do PP os outros, onte ArgüíndoAragunde aínda tivo mais  morro  que nunca(e despois parécelle mal os seus votantes que o comparen a Carmen de Mairena) a dicir que o goberno de Feijoo leva tres anos arreglando o que fixo mal o bipartito, o que está facer o goberno de Feijoo e nada  de nada está a vivir de rendas, poñendo o país en baremos pésimos nunca recordados ate o de agora. Feíjoo é o goberno do desgoberno, e  que dicir de Marianico el Corto que promete o toda e vainos deixar na nada.
Outro asunto denigrante é  que todo unha burla para os cambadeses e como contesta o Alcalde Aragunde as preguntas da oposición con “monosílabos”, denigrante  e desprezativa actitude do noso Alcalde.



UNHA COMIDA POLÉMICA QUE ATA O PROPIO ALCALDE CONSIDEROU CARA
No Albariño pasado tivo lugar unha comida duns 2.000 euros nun establecemento hoteleiro da vila organizada polo concello. Un custo que o propio alcalde,Luís Aragunde, recoñeceu como "un pouco alto" e que se debeu, engadiu, unha "descoordinación" na contratación que aumentou o prezo previsto por prato ata os 46 euros. "Tomaremos medidas para que non se repita pero o servizo prestouse e hai que pagalo", concluíu. En plena crise comendo coma bacoriños a conta dos cambadeses e despois mándanos o resto dos mortais apertar o cinto.
        
                        
Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: