Onte foi un dia moi triste para min e coido que para o nacionalismo galego. As tres e media da tarde ía para Santiago para asistir a Asemblea de Encontro Irmandiño no Pazo de Congresos de Santiago, a cal tiña lugar, non na Sala Principal, senón nunha das salas anexas que hai no complexo, estaba completamente ateigada, ía coa vaga ilusión de que a votación fora todo o contrario o
que seu deu, esta ilusión enseguida se veu abaixo nada mais empezar a oír as primeiras intervencións pese a todo “aguantei” ate o final. A pregunta e motivo da asemblea , ou iso polo menos é o que constaba na invitación que me enviaron era ““É REXENERÁBEL O BNG DESPOIS DA XIII ASEMBLEA NACIONAL”, dos preto de trinta asembleístas que falaron coido que só un se fixo esa pregunta. A conclusión que saquei desa asemblea era “que todo o peixe estaba vendido”, mais que unha asemblea para decidir se saían do BNG era unha asemblea constituínte e mais dun asembleísta así o fixo constar nos estrados. De todos os que falaron ningún, repito ningún estaba a favor de continuar no BNG.
Abriu o acto Beiras que na súa primeira intervención non quixo influír nos que despois o precederon no quenda de palabra e pouco mais dixo de para que era a asemblea, logo houbo unha quenda de palabra na que intervirían unhas trinta persoas , todas a prol de escisión do BNG, como dixen antes non houbo nin unha soa que estivera a prol de permanecer na organización frentista, só me entusiasmou un discurso dunha compañeira de Vigo, perdoádeme pero non lembro o nome, ex da UPG e agora militante Irmandiña, dende logo para min foi con moito a mellor da tarde e foi a única que albiscou algunha dúbida a hora de marchar do BNG expoñendo razonadamente os seus "pros" e os seus "contras". Tamén houbo moitos asembleístas que alardeaban de que xa facía tempo que non militaban no BNG , e incluso eran aplaudidos, non entendo como se pode alardear de cousa tan insulsa. Esperaba con moita expectación o quenda de palabra de Martiño Noriega, que para min estaba a ser chamado unha persoa moi importante dentro do BNG, pero defráudome, unha pola súa brevidade y outra pola ausencia de motivación. Despois Beiras leu a resolución final que foi aprobada por aclamación e non foi necesaria ningunha votación (Podes ler mais abaixo a resolución completa). Nas intervencións dos asembleístas, agás contadas excepcións como a de Nando Casal que incluso estivo simpático, vin moita xenreira e moito odio cara unha organización na que estiveron convivindo durante moitos anos. E moi doado perder unha votación e irse, eu persoalmente penso que o Encontro debía de seguir loitando dentro do seo do BNG sobre todo despois do que conseguiron na XIII Asemblea, estar case a par coa APU (UPG) , iso si co apoio de +Galiza (que non se sabe por onde van tirar , onte estaba Ameyrich no acto), porque somos moitos, un grupo moi numeroso os que non estamos adscritos a ningunha corrente que esperábamos iso, refundar ou rexenerar (se hai algo que rexenerar) pero dentro do BNG Hai xente moi valida dentro do Encontro Irmandiño, xente moi intelectual, pero para traballar nun partido non só fan falla intelectuais tamén fai falla man de obra coa verba non se “pegan carteis”( con todo o que conleva isto de pegar carteis) e como dicía un destacado Irmandiño de Cambados cando estaba no BNG “Uns estamos para pensar e outros estades para traballar” estou ávido de coñecer cales son os irmandiños de Cambados que están para traballar, porque os que están para pensar xa os coñezo. Somos centos os militantes do BNG independentes que agora temos que tomar unha decisión se quedarnos ou irnos, eu como concelleiro do BNG de Cambados teño moi claro, comprometime por catro anos cunha forza política que se chama BNG e vou cumprir o meu compromiso con esperanza, traballo e liberdade e se así non fora seria o primeiro en demandalo e irme.
Onte foi un dia moi triste para o nacionalismo e moi alegre para o PP e PSOE, porque viron como este se rompe en mil cachos e practicamente todos teñen que empezar de cero. Esperemos que non pase como xa ocorreu outras veces no nacionalismo galego e noutras forzas políticas, escisións para rematar o longo dos anos , todos tirando do mesmo carro, seria un precioso tempo perdido para esquerda nacionalista. Eu como Alejandro Sanz quédemo co “Corazón Partio”, pero de momento quédemo tamén respectando unha asemblea que foi democrática e participativa, gusteme mais ou menos quen estea o cargo da Fronte.
que seu deu, esta ilusión enseguida se veu abaixo nada mais empezar a oír as primeiras intervencións pese a todo “aguantei” ate o final. A pregunta e motivo da asemblea , ou iso polo menos é o que constaba na invitación que me enviaron era ““É REXENERÁBEL O BNG DESPOIS DA XIII ASEMBLEA NACIONAL”, dos preto de trinta asembleístas que falaron coido que só un se fixo esa pregunta. A conclusión que saquei desa asemblea era “que todo o peixe estaba vendido”, mais que unha asemblea para decidir se saían do BNG era unha asemblea constituínte e mais dun asembleísta así o fixo constar nos estrados. De todos os que falaron ningún, repito ningún estaba a favor de continuar no BNG.
PD.- Este artigo de opinión a estrictamente personal e para nada reflicte o opinión do BNG o respecto da asemblea irmandiña de onte, que a fará quen lle corresponda. Se algunha persoa quere contestar a este artigo debe identificarse previamente no correo deste blog. Grazas.
RESOLUCIÓN DA ASEMBLEA NACIONAL EXTRAORDINARIA
A XIII Asemblea Nacional do BNG reflectiu que existen no nacionalismo, a día de hoxe, dous modelos organizativos incompatíbeis: o representado por APU-UPG, que se impuxo por unhas ducias de votos, e o orixinario do BNG, que con diferente entusiasmo apoiamos ou aceptamos todas as demais xentes co “Novo Proxecto Común”.
A nosa prioridade é manter activas e militantes ao maior número de persoas nacionalistas na crítica situación na que se atopa o noso País baixo as políticas aniquiladoras da dereita que hoxe ocupa todas as instancias de poder que actúan sobre Galiza. Non podemos permitir que se desactive unha parte importante do nacionalismo, as persoas que xa están fora e as que aínda estivemos até agora dentro para darlle unha derradeira oportunidade á rexeneración do BNG.
A fractura do nacionalismo até agora integrado no BNG é actualmente irremediábel, por iso non hai xeito de concibir unha continuidade nunha única organización que non mande para a casa á metade da militancia. Non é bo para o nacionalismo no seu conxunto, nin para avanzar cara un futuro mellor para Galiza e a súa cidadanía, seguir a gastar enerxías en confrontar, na convivencia interna e nas súas relacións coa sociedade, dous modelos organizativos diferentes.
Nesta situación a saída é o reagrupamento do nacionalismo que sente que o BNG xa non é a casa común nunha Fronte Ampla inspirada en principios similares aos que deron lugar á creación do BNG na Asemblea de Riazor, acaídamente axustados ao contexto actual e arrequecidos coas experiencias dos movementos cívicos e sociais anti-sistémicos e alter-mundistas, e coas novas formulacións políticas xurdidas nos últimos lustros.
Unha Fronte ampla que tencionamos compartir cun bo continxente da base do BNG, outros grupos, moitas persoas independentes e moitas cidadás e cidadáns que foron alonxándose do BNG nos últimos tempos.
Dado que a ruptura xa existe de feito temos que propoñer unha xestión da separación en avinza e sobre as seguintes bases:
1. Asumir ambas partes que a unidade do nacionalismo segue a ser un obxectivo estratéxico compartido pero que neste momento non se pode dar dentro do BNG. Hai que recoñecer a realidade dos feitos: o nacionalismo está dividido en dúas metades e só a partir diso podemos establecer a unidade de acción na defensa do País na medida en que se recupere a confianza perdida.
2. Adicar as enerxías do nacionalismo a combater as políticas antisociais e antigalegas do PP e non a liortas entre nacionalistas para non rachar nada útil na defensa do País: grupos municipais onde hai convivencia e un traballo arredor dun programa apoiado por unha parte importante da cidadanía, asociacións de base, movementos sociais, defensa da lingua, etc.
En consecuencia, a Asemblea Nacional do Encontro Irmandiño acorda:
1. Facer pública a nosa consideración de que o BNG saído da XIII Asemblea fai inverosímil a rexeneración dende dentro como casa común de todas as xentes nacionalistas e adoptar a decisión de renunciar a militar nel.
2. Construír conxuntamente con todas aquelas persoas que estean a prol dunha nova organización política desas características unha fronte ampla nacionalista, plural e co centro de gravidade na esquerda.
3. Proceder a propiciar a converxencia de todas as persoas que así o manifesten, nomeadamente as que partillaron connosco no BNG a defensa da tese “Novo Proxecto Común para a refundación e rexeneración do BNG” e desexen acompañarnos nesta tarefa urxente.
4. Facultar á Coordinadora Nacional do EI para xestionar co BNG a separación en avinza preservando a unidade de acción, tamén nos espazos da representación institucional, na medida que for posíbel.
Galiza, 12 de Febreiro de 2012.
Para unha mellor
navegación por este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE
CHROME premendo AQUÍ.
1 comentario:
Chon eu só coñezo ao Bloque dende fóra así que non podo opinar pero asisto pasmada ao que está pasando e pregúntome, Como e por que se chegou ata aquí?
Publicar un comentario