Foto de onte dos Heredeiros da Crus en Ordes. Preme AQUI para acceder o vídeo. |
Despois da exitosa “reentré” de Heredeiros da Crus onte en Ordes, onde se esgotaron as entradas dias antes do concerto, todo mundo quere volver a ver os “Heredeiros” nun concerto, e xa moita xente dentro das redes sociais están a pedir a actuación deste mítico grupo na Festa do Albariño, pero coido que a cousa vai estar moi dificil para conseguir
un concerto destas estralas galegas de rock, por que todo mundo está a pensar o mesmo, e sobre todo saber se van a seguir actuando.
un concerto destas estralas galegas de rock, por que todo mundo está a pensar o mesmo, e sobre todo saber se van a seguir actuando.
Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, 'A Cuadrilla de Pepa a Loba', un álbume que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como 'Quero josar' ou 'O fillo de José'. Beni, alias 'o fillo de Ampartio' era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez alias 'Trelles' (no disco Chicarrón) e Manu para a xira de 2012.
As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse
Logo de converterse nun dos grupos insgina do Xabarín Club --o mítico programa infantil da TVG para o que gravaron temas e videoclips hoxe históricos como Que jallo é ou Íscalle Lura --, e de ofrecer ducias de concertos sempre memorables (e normalmente polémicos) por toda Galicia e parte do estranxeiro (chegaron a actuar en Londres e Nova York), en 1996 edítase o segundo disco de Heredeiros da Crus: Está que te cajas!!, con temas emblemáticos como 'O teu fillo fuma porros', a melancólica 'A chaqueta de lana' ou Frenaso no calsonsillo', unha peza na que colabora o mesmísimo Rosendo Mercado.
En 1997 os Heredeiros publican dous traballos: 'Criatura', un EP de cinco temas (entre eles, outro himno: 'Non quero nada de ti') e 'Des Minutos', no que empezan a versionar cunha exitosa versión do 'My Sharona', que eles titularon 'Vaiche boa'. O seguinte álbume publicouse dous anos despois, en 1999, baixo o título 'Erecsiones munisipales': un disco que por primeira vez conta con outros instrumentos e sonoridades como os metais nalgunhas pezas.
Un ano despois, en 2000, Heredeiros da Crus publican o seu sexto disco, un dobre álbume gravado en directo, titulado 'All right Chicago" (que converteu a Heredeiros na primeira banda galega en editar un disco en directo), no que se pode apreciar a potencia do grupo de riba dos escenarios, un lugar onde todo é posible: disfraces, improvisacións, lanzamento de obxectos, colaboracións do público, mesmo stripteases...
Logo de catro nos que, entre outros proxectos, editaron un disco de versións baixo o nome de 'Recambios Tucho' (2001), en 2004 publicaron o seu sétimo (e último) disco como Heredeiros da Crus: 'Chicarrón', un traballo con sons máis pausados que incluía un dvd con material extra (unha iniciativa tamén pioneira na música en galego ).
En 2005, o grupo retírase dos escenarios e cada un dos heredeiros inicia os seus propios proxectos musicais: Javi funda o grupo Jabon Blue coa colaboración de Tucho (unha formación de rock contudente que xa vai camiño do seu cuarto disco), Tonhito fai o mesmo con A Banda de Poi (un vangardista proxecto galaico-portugués), Fran participa na banda acústica Mustang...
En 2012, cando se cumpren 20 anos daquel primeiro concerto na Dorna, os Heredeiros da Crus, os máis jrandes, volven aos escenarios para dalo todo. Unha xira que comezará en Ordes (A Coruña) o 3 de marzo cun concerto de máis de dúas horas, con sección de metais, coros e piano incluído, e por riba de todo, con moita gana de festa!!
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
2 comentarios:
fuente :www.heredeirosdacrus.com/bio
non ?
Chon,non o pidas que sinon non os traen.
Fuente
http://www.heredeirosdacrus.com/bio
¿non?
Pero non os pidas que sinon non os traen.
Publicar un comentario