12 de mar. de 2012

LUIS ARAGUNDE ESQUECESE DAS MULLERES DE ALFAGEME NO DIA DA MULLER TRABALLADORA

Se alguén merecia un premio onte por parte do Alcalde de Cambados, sen desprezar as demais premiadas  eran as mulleres de Alfageme, que parece que o final do tunel empezan a ver luz, mulleres que levan loitando todo inverno con frio, auga, durmindo a veces en institucións, en fin
como colectivo eran merecedores sen dúbida ningunha deste recoñcemento, pero cometeron dous pecados moi graves para Luis, primeiro estar asesoradas pola CIG e apoiadas en todo momento polo BNG e segundo invadir un pleno municipal cun reproches o PP, isto Luis Aragunde non o perdonará nunca e a súa vinganza foi ignoralas no dia de onte. As premiadas nesta ocasión  foron Comunidade Salesiana Fillas de María Auxiliadora (á que galardoou como recoñecemento ao seu inxente traballo benéfico e asistencial) ou a asociación cultural Virxe do Carme de Vilariño (por esforzarse en manter as tradicionesmás representativas da parroquia).


A estes dous colectivos sumáronse outras tres mulleres cambadesas  que moi merecidamente foron recoñecidas: Josefa Losada Nine, Custodia Millán Piñeiro e Rosa Fontán Besada. Á primeira distinguiulla pola súa dedicación no ámbito educativo, sendo profesora de música de varias xeracións de veciños da localidade, e tamén por romper barreiras ao ser no seu día a primeira muller xefa da oficina de Correos e Telégrafos. A veterana redeira Custodia Millán recibiu o galardón por toda a súa traxectoria, por dignificar o seu oficio e ensinarllo, ademais, a moitos cambadeses. Para rematar, Rosa Fontán Besada, veciña de Castrelo, fíxose merecedora do premio por toda unha vida dedicada ao sector do agro, en concreto da viticultura, na que comezou sendo moi nova. Elas tres, así como outras moitas cambadesas, son un exemplo a seguir para homes e mulleres xa que contribúen día a día a mellorar lle municipio. Durante a homenaxe deuse lectura a un manifesto con motivo do Día da Muller Traballadora, mentres que o grupo Arousa de pulso e púa ofreceu un concerto para goce de quen se congregaron no Auditorio Municipal dá Xuventude. Por certo cando unha cousa esta ben tamén hai que dicila,  os meus parabéns  os empregados do concello que esta vez si atenderon debidamente a oposición  tendo incluso un sitio reservado para eles, esperemos que continuen nesta liña ainda que sabemos que eles son uns mandados. 
                    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: