13 de mar. de 2012

REAL CONSERVEIRA NO SALON GOURMETS 2012

Conservas de peixe con trufa, para padais exquisitos. 
A empresa cambadesa Real Conserveira Española presentou no Salón Gourmets 2012 unha nova gama de produtos exclusivos, nos que combina os peixes en conserva coa trufa negraprocedente de Francia e a trufa branca do norte de Italia.
O resultado de maridar peixes azuis básicos e saudables, como as sardinillas ou o bonito, coas distintas trufas foi un éxito, conseguindo un produto de excelente sabor, aroma e textura, xa que a finura da trufa suaviza o
sabor do peixe e proporciona un aroma suave e equilibrado.
A gama de conservas con trufa está composta por ventresca de bonito do norte “De Costeira”, trufada en aceite de oliva virxe extra con trufa branca de Piamonte Alba; mini-sardinillas do Atlántico trufadas en aceite de oliva virxe extra con trufa negra da rexión de Cognac (Francia); mini-sardinillas do Atlántico trufadas en aceite de oliva virxe extra con trufa negra de Teruel; ycaviar de pescada de Cilleiro en aceite de oliva virxe extra con trufa branca de Piamonte Alba.
Así mesmo, os responsables de Real Conserveira Española explicaron que están estudando no seu departamento de I D a maridaxe das distintas trufas con outros peixes, mariscos e huevas, como as ameixas ao natural ou as huevas de ourizo. 
Por certo con respecto os tan cacareados problemas laborais desta empresa non podo dicir nada posto que carezo de toda clase de información agás as que certas persoas me fan chegar personalmente pero que obviamente eu non podo contar nesta páxina senon me quero expoñer a un problema ,  pero saibades que este blog está aberto a calqueira suxestión ou comentarios sobre o tema.
                    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: