12 de mar. de 2012

MONTERREI CONVERTIDO NUN BASUREIRO COA ANUENCIA DA NOSA ALCALDIA (BASUREIRO Nº 5)

Os que xa peinamos canas  sabemos que Monterrei, por detrás da Pastora, antes era un lugar mítico, ali iamos xogar moitas tardes de verán no que parecia unha canteira abandonada, iamos cazar "lagartos arnaus", que daquela pareciannos poco menos que caimáns,  incluso temos xogado ali o futbol, co paso do tempo e a chegada das novas tecnoloxias os mais rapaces practicamente non saben nin onde queda porque non se sae como saiamos antes "a aventura". Fai
uns anos , como sempre fai Louzán, Touris e agora Aragunde unauguraron o que lle deron en chamar un sendeiro natural, cando era a época das vacas gordas, Europa mandaba cartos a esgallo construian  un sendeiro “de merda”  empregaban parte dos cartos nel e a outra parte a onde vos parece que ia a parar….pois si,  ia a parar o onde estas pensando , os petos dalgúns .  Este sendeiro que atravesa Monterrei, unha vez inaugurado non volveron a pasar por el,  e hoxe atópase convertido nun auténtico basureiro e xa e o quinto que denuncia este blog no Concello de Cambados. Podes ver mais fotos do mesmo na columna da dereita.
                    

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.

Ningún comentario: