12 de mar. de 2012

A SECRETARIA RENUNCIA A QUERELA E OARQUITECTO MUNICIPAL CESADO. O CONCELLO DE CAMBADOS “A CASA DOS LIOS”

Secretaria do Concello
O que pasa no Concello de Cambados é un lio tremendo que polo de agora ainda non ten solución, polo que sabemos. Touris e Rueda chaman a Luis Aragunde preguntando pero que “coño” pasa nese concello Luis? Luis nervioso, pasou un dias que non sabia como tiña que facer e entón  ao parecer “presiona” a Secretaria,  esta acompañada dun empregado de alto rango do concello , que ten moito que dicir neste lio, retira a querela presentada dias antes. Por certo querela que bateu o record mundial de tramitación rápida porque se fixo todo , declaración de querelante, querelados e testemuñas nun só dia e despois din que a xustiza é lenta. A todo isto, estes dias
acabamonos de enterar de que o arquitecto municipal Francisco Galiñanes foi cesado fulminantemente polo propio Luis ao parecer por ter certas diverxencias ou discrepancias cun alto cargo do concello,  segundo contan fontes ben informadas.  
ex-arquitecto
municipal
E vos creedes que todo isto é  por unha simple rifa de duas funcionarias, non o cree  nin o más pánfilo do pobo.  Pero na “Casa dos Lios” ainda pasa moitisimo mais, porque xao dixen unha vez o fondo de todos estos lios é o urbanismo no concello de Cambados, por eso Luis está temoroso de que se descubran certas cousas no concello e quere poñer paz antes de que certas persoas se puxeran a “cantar”. Isto non para aquí de seguro que pouco a pouco iremos descubrindo moitas mais cousas pese o mutismo do goberno do PP, e esperemos que non haixa mais ceses este mes.


                 

Para unha mellor navegación por este blog  usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.




Ningún comentario: