Barbara |
O Concurso Lusco-Fusco do domingo pasado organizado por Xuventudes Socialistas foi todo un éxito, éxito que en grande parte é obra de Barbara Abal Valle, e así o recoñecen os propios compañeiros. Os cambadeses encheron o auditorio da Xuventude de Cambados nun formato que ainda que parece esgotado a nivel televiso non é asi a nivel presencial, é todo por unha boa causa axudar a Esperanza Salnés ate que Louzán chega co cheque e entón eclipsa a todos, pero estou seguro de que os cambadeses de ben apreciamos mais cousas como as de XX.SS, Yayo Daporta, a do famoso almaneque dos espidos e outras polo estilo. O acto foi presentado polo actor de Iliria Teatro o cambadés Manolo Pillado quen fixo coas suas bromas as delicias do público. No xurado estaba entre outros o gaiteiro Xaquin Xesteira
todo en mestre nesto da musica. Subironse o escenario un total de 13 participantes. A victoria final foi en categoria individual para o grovense Dani Cornes, e en infantil para a vilargarciá Alexandra Carrera.
todo en mestre nesto da musica. Subironse o escenario un total de 13 participantes. A victoria final foi en categoria individual para o grovense Dani Cornes, e en infantil para a vilargarciá Alexandra Carrera.
Paula Romero e Alba Rodriguez, podes ver o video da súa actuación premendo AQUI
Mentres en grupos as gañadoras da cetegoria infantil foron as cambadesas Paula Romera e Alba Rodriguez en e para os percusionistas Jesús Alvarez e Alberto Chaves en categoría senior.
Especial actuación foi a de Manuel Fernández quen fixo toda unha demostración de break dance que fixo que algúns dos membros do xurado non pararan de aplaudir ficando alucinados. Manuel foi apluidido a rabiar polo publico que enchia a sala e polo xulgar de moita xente merecia maoito mais que os aplausos.
O incipiente músico Enmanuel Joven que actuou na gala dicia “Orgulloso de Andrea Rey , e de Diego, estou encantado de poder participar en algo tan bonito e grande como foi o concurso de hoxe. Todo sexa pola boa causa á que estaba destinado todo. Canta arte oculta hai en Cambados"
O músico tamén cambadés Ruben Iglesias pola súa parte reflexionaba: “Isto demostra que a pesar do que pensan os nosos "marabillosos" gobernantes locais non fai falta investir miles de euros para facer un gran espectáculo, que con deixar facer á xente basta, que os artistas emerxentes só teñen ganas de tocar e de que lles deixen ensinar a arte que levan dentro e facer que a xente esquézase por un momento de tanta crise, a curmá de risco e da nai dun señor con traxe....o devandito, uns cracks, e encantado de ver como a xente envórcase con estas cousas. Alucinado sigo”.
E Isma Agra dicia tamén “Despois do éxito do Luscofusco 2012, onde conseguimos abarrotar ou Auditorio para axudar a Esperanza Salnés, non teño palabras de agradecemento para todos vos colaboradores, pero en especial aos meus compañeiros, Carlos Abal , Miguel Pérez ,Guillermo, Vanesa , Regina, etc. Pero en especial a Barbara Abal , unha persoa que calquera estaría orgulloso de traballar con ela. Noraboa equipo”
Para unha mellor navegación por
este blog usa o navegador GOOGLE CHROME. Descarga GOOGLE CHROME premendo AQUÍ.
1 comentario:
Chon, un detalle, "Emmanuel". Queda exótico o de Enmanuelle pero bueno jaja, gracias pola mención. Unha aperta!
Publicar un comentario